• Barajar
    Activar
    Desactivar
  • Alphabetizar
    Activar
    Desactivar
  • Frente Primero
    Activar
    Desactivar
  • Ambos lados
    Activar
    Desactivar
  • Leer
    Activar
    Desactivar
Leyendo...
Frente

Cómo estudiar sus tarjetas

Teclas de Derecha/Izquierda: Navegar entre tarjetas.tecla derechatecla izquierda

Teclas Arriba/Abajo: Colvea la carta entre frente y dorso.tecla abajotecla arriba

Tecla H: Muestra pista (3er lado).tecla h

Tecla N: Lea el texto en voz.tecla n

image

Boton play

image

Boton play

image

Progreso

1/18

Click para voltear

18 Cartas en este set

  • Frente
  • Atrás
Que é a dixestión?
É un proceso lento que dura unhas 18 horas e que consiste en transformar os alimentos en substancias químicas máis pequenas chamadas nutrientes. Ten lugar no aparato dixestivo, comeza na boca onde o alimento se converte nunha masa pastosa (bolo) ata que os nutrientes pasan ao sangue.
Cales son os principais nutrientes que conteñen os alimentos?
Hidratos de carbono (glícidos), grasas (lípidos), proteínas, vitaminas, sales minerais e auga.
Tipos de dixestión.
Mecánica: Consiste no triturado, esmiuzado e mesturado dos alimentos cos zumes dixestivos. É posible grazas aos dentes e aos movementos do estómago (contraccións)
Química: Consiste na transformación das grandes moléculas que conteñen os alimentos en moléculas sinxelas capaces de atravesar as paredes das células, isto é, en nutrientes.
Realízana os zumes dixestivos.
Etapas do proceso dixestivo.
Inxestión pola boca.
Dixestión en boca, estómago e intestino delgado.
Absorción en instestino delgado.
Exestión en intestino groso.
Como coidar o aparato dixestivo?
- Comer sentado e mastigar ben os alimentos, e sen presas.
- Beber moita auga.
- Non comer entre horas.
- Evitar as comidas abundantes.
- Non tomar bebidas frías durante a dixestión.
- Cear dúas ou tres horas antes de ir a durmir.
Que son os hidratos de carbono?
Son a fonte máis importante de enerxía para o noso corpo. Neles podemos atopar os azucres simples e os complexos.
Supón un 50% da nosa enerxía diaria.
Exemplos de azucres simples.
- Naturais: azucre de mesa, zumes de froitas, froitas, verduras, mel, produtos lácteos
- Non naturais (azucres engadidos): xeados, pasteis, galletas, doces, refrescos.
Exemplos de azucres complexos.
- Almidón: patacas, trigo, arroz, chícharos, millo....
- Fibra: froitas, verduras, pan integral, arroz, pasta, avena, cereais, noces, sementes.
Tipos de grasas (lípidos)
TIPOS: triglicéridos, ácidos grasos esenciais (poliinsaturadas: omega 3, omega 6), grasas monoinsaturadas, colesterol, grasas saturadas, grasas trans.
Supón un 30% da nosa inxesta diaria total.
Hai que evitar as grasas saturadas e trans.
Que son as proteínas?
Axudan ao corpo a manter un equilibrio , a crecer, a manter e reparar texidos corporais, a proporcionar enerxía....

Podemos atopalas en: leite, produtos lácteos, peixe, carne, ovos; e en menor medida en vexetais como: legumes, froitos secos, sementes de cabaza, cogumelos, manteiga de noz, xermen de trigo....

CANTIDADES RECOMENDADAS.
Un 20% da inxesta diaria total
Tipos de medicamentos.
ANESTÉSICOS Logran unha pérdida de sensibilidade localizada
ANALXÉSICOS Reducen ou alivian as dores
ANTIBIÓTICOS Combaten as infeccións bacterianas
ANTIINFLAMATORIOS Reduce a inflamación dunha parte do organismo
ANTISÉPTICOS Substancias que se aplican a tecidos para destruír microorganismos
DESINFECTANTES Utilizados para desinfectar feridas
LAXANTES Para aliviar o estreñimento
VACINAS Substancia formada por microorganismos que se introduce no corpo para crear anticorpos e previr de enfermidades contaxiosas
Técnicas de procesado de alimentos.
Plasma frío ou campos eléctricos: eliminan os microorganismo patóxenos do aire e das superficies que están en contacto cos alimentos.
Pasteurización: un procedemento que quenta os líquidos a moi altas temperaturas durante moi pouco tempo e que , ademais de conservar as propiedades dos alimentos, elimina os microorganismos patóxenos.
Que son os aditivos alimentarios?
Son substancias que se lle engaden aos alimentos para mellorar a súa conservación ou as súas características, como a súa cor, o seu sabor ou a súa textura.
Algúns úsanse desde sempre, como o sal, o aceite e o vinagre. Outros son modernas creacións de laboratorio, que se nomean coa letra E (emulxente) seguida dun número de tres ou catro cifras.
Que son as vitaminas?
Substancias esenciais para o bo funcionamento de células, para o crecemeto e o desarrollo.
Tipos de vitaminas.
Solubles en grasa: A, D, E, K.
Solubles en auga: C, B.
Que porcentaxe de minerais hai no noso corpo?
Un 5%.
Cita algún tipo de mineral presente no noso corpo.
Calcio, azufre, potasio, ferro....
Importancia de consumir auga.
- Regula a temperatura corporal.
- Conforma o 83% da sangue.
- REmove as substancias de refugallo.
- Conforma un 22% dos ósos.
-Amortigua as articulacións
- Axuda a transformar os nutrientes.
- Humedece o oxíxeno que respiramos.
- Axuda a converter alimentos en enerxía.
- Protexe os órgaos vitais.
- Axuda ao corpo a absorber nutrientes.
- Conforma o 75% dos músculos.