- Barajar
ActivarDesactivar
- Alphabetizar
ActivarDesactivar
- Frente Primero
ActivarDesactivar
- Ambos lados
ActivarDesactivar
- Leer
ActivarDesactivar
Leyendo...
Cómo estudiar sus tarjetas
Teclas de Derecha/Izquierda: Navegar entre tarjetas.tecla derechatecla izquierda
Teclas Arriba/Abajo: Colvea la carta entre frente y dorso.tecla abajotecla arriba
Tecla H: Muestra pista (3er lado).tecla h
Tecla N: Lea el texto en voz.tecla n
Boton play
Boton play
21 Cartas en este set
- Frente
- Atrás
As Irmandades da Fala e Grupo Nós
|
-Nas transformacións da Galicia de comezos de seculo debemos enmarcar os movementos agraristas, que promoveron unha cultura do asociacionismo na que debe enmarcarse tamén a fundación en 1916 das Irmandades da Fala e, posteriormente, nos anos 20 denominado grupo Nós.
|
Xeración Nós
|
-Aparece a principios do seculo XX cando os membros do cenaculo ourensán se incorporan ás Irmandades e está formada principalmente por VICENTE RISCO, OTERO PEDRAYO e CASTELAO;
-CARACTERÍSTICAS COMÚNS: · Afán por renovar a literatura galega a partir dunha redefinición da tradición. · Sólida formación cultural. · Participación no ámbito da política...) · O seu maior logro foi acadar unha prosa galega de calidade. |
Xeración Nós
Evolución Ideolóxica |
-Case todos os membros desta xeración (menos Castelao) atravesaron unha evolución ideolóxica común:
·Desde unha actitude individualista e afastada de Galicia pasaron a descubrir a súa propia terra e facerse galeguistas. Este cambio foi recollido en diversas obras, como Nós, os inadaptados de Vicente Risco ou Arredor de si de Otero Pedrayo. |
A Revista Nós
|
A revista Nós foi a súa revista voceiro, publicouse ininterrompidamente desde a súa creación (1920) ata
a Guerra Civil e foi creada para espallar os ideais do galeguismo e europeizar e modernizar a cultura galega. |
Vicente Risco
Características |
1. INDIVIDUALISMO: Risco vese a si mesmo como un home culto separado das “masas” e inadaptado no medio delas.
2. Cª DA CIENCIA: El cre que a razón non abonda para entender o mundo; é necesario o espírito. Por isto é habitual que critique a ciencia e mais a técnica. 3. ESPIRITUALISMO E RELIXIOSIDADE: Elementos preferentes fronte á razón. |
VICENTE RISCO
Traxectoria poética |
-Na súa traxectoria literaria soen diferenciarse tres etapas:
1.DE FORMACIÓN: Nesta época Risco escribe en castelán e centra o seu interese nas correntes estéticas europeas e na filosofía e relixións orientais. 2. GALEGUISTA: Iníciase co seu ingreso nas Irmandades da Fala (e no galeguismo) e a ela pertencen todas as súas obras máis coñecidas. 3. POSGALEGUISTA: Risco abandona o galeguismo ao estoupar a Guerra Civil e deixa, salvo algún caso excepcional, de escribir en galego. Este autor escribe narrativa, ensaio e teatro. |
VICENTE RISCO
Narrativa |
-A narrativa podemos clasificala en tres grupos de acordo coa temática:
1. NARRATIVA MODERNISTA: inclúe o relato Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros, con pegadas da etapa de formación: exotismo, esoterismo, case non hai elementos galegos… 2. NARRATIVA ETNOGRÁFICA: hai relatos vinculados á cultura tradicional: O lobo da xente ou A trabe de ouro e a trabe de alquitrán. |
VICENTE RISCO
Narrativa |
3. NARRATIVA SATÍRICA: están as súas obras máis coñecidas, a inacabada Os europeos en Abrantes e O porco de pé, que conta, de xeito satírico, como un home enriquecido chega a ser alcalde, é o triunfo da vulgaridade sobre o espiritualismo. Nela Risco usa varios recursos para lograr sátira:
✓ Enumeracións, por veces moi longas. ✓ Comparacións grotescas. ✓ Parodias de discursos diversos |
VICENTE RISCO
Ensaio |
- No ensaio destacan títulos como Nós, os inadaptados (evolución do grupo Nós cara o galeguismo) ou
Mitteleuropa (escrito durante unha viaxe a Europa e onde recolle observacións sobre a Europa do momento e amosa o seu temor ao marxismo). |
OTERO PEDRAYO
Ensaio |
-Pedrayo cultivou todos os xéneros literarios, pero a súa aportación máis importante está na narrativa,
tanto novela e conto como ensaio. Ten ensaios sobre diversas temáticas: • XEOGRÁFICO: manuais de xeografía e guías de Galicia. • LIBROS DE VIAXES: Pelerinaxes-recolle unha viaxe ata Santo André de Teixido. • BIOGRAFÍAS: Libro dos amigos-lembra a varias persoas que influíron moito na súa vida. -Soe destacarse o Ensaio histórico sobre a Cultura Galega, escrito inicialmente en castelán. Podemos engadir que tamén ten obras a medio camiño entre a novela e o ensaio: O espello na serán. |
OTERO PEDRAYO
Novelas e Contos |
-As novelas e contos, pola súa parte, adoitan dividirse en:
1. REALISTAS: · Fala da fin do Antigo Réxime (finais do XIX- inicios do XX) hai un fidalgo que abandona a aldea e establécese na vila onde sucumbe a todos os vicios (xogo, bebida...). ·Ás veces o fidalgo galeguista retorna ao pazo e asume o papel de guía- á nobreza. · Obra representativa: Os camiños da vida. |
OTERO PEDRAYO
Novelas e Contos |
2. PSICOLÓXICAS: Se centran no tema da evolución da conciencia galega. A máis coñecida é Arredor de si e nela conta a súa propia chegada ao galeguismo.
3. CULTURALISTAS: Ambientadas na Idade Media e no Romanticismo e predomina a evocación dun momento histórico sobre a acción. Aquí atopamos Fra Vernero e A romeiría de Xelmírez. |
OTERO PEDRAYO
Características |
- Como conclusión, na obra deste autor podemos atopar as seguintes características:
✓ A IMPORTANCIA DA TRAIDICIÓN: · Cultura espiritual dun pobo. · Sabedoría acumulada polas sucesivas xeracións. ✓ A FIDALGUÍA: · Otero non lle perdoa a súa deserción da aldea e do galeguismo, mentres os comerciantes foráneos se fan coa dirección da sociedade. · Inventa unha fidalguía ideal, irreal, consciente do seu papel na sociedade galega. |
OTERO PEDRAYO
Características |
✓ A PAISAXE: dotada de vida e que goberna a vida do home.
✓ ESTILO MOI PERSOAL: A súa prosa pode considerarse barroca, con múltiples enumeracións, oración subordinadas… |
CASTELAO
|
- Autor polifacético: cultivou múltiples campos da arte, tendo como guieiro Galicia e todos aqueles
que sofren. Castelao ten tamén unha produción variada, escribiu unha obra de teatro (Os vellos non deben de namorarse, crítica dun mundo onde todo está en venda), álbums de debuxos (Nós, Galiza mártir...) e, sobre todo, ensaio e novela. |
CASTELAO
Ensaio |
- O seu ensaio fundamental é Sempre en Galiza
·Recolle nel textos de diferente temática: 1. a defensa do idioma. 2. As reivindicacións básicas do galeguismo. 3. Propostas dun estado federalista… -A medio camiño entre a obra gráfica e o ensaio están As cruces de pedra na Galiza e As cruces de pedra na Bretaña, un traballo de investigación sobre cruceiros. |
CASTELAO
Narrativa |
- A narrativa de Castelao está composta por:
• RELATOS: 1. Un ollo de vidro. Memoria dun esquelete (un retrato da Galicia de inicios do XX vista a través dos ollos dun esqueleto) 2. Retrincos (5 contos autobiográficos) 3. Cousas (44 narracións breves sobre temas diversos complementadas cun debuxo). • NOVELA: Os dous de sempre, a historia de 2 personaxes contrapostos en todos os aspectos da vida. Cada capítulo está ilustrado cun debuxo. |
CASTELAO
A Cousa |
- A Contribución máis orixinal de Castelao á literatura.
· Creación dun tipo especial de conto, a “cousa” que está presente en todas as súas obras: 1. PROTAGONISTAS DE CLASES BAIXAS: labregos ou mariñeiros. 2. Cª SOCIAL: sobre todo do cacique e da emigración, que para Castelao é sempre fracasada). 3. HUMORISMO |
CASTELAO
A Cousa |
4. PRESENZA DA MORTE: non macabra-
5. LIRISMO: hai contos que son auténticos poemas en prosa. 6. SINCRETISMO: descricións dunha línea 7. FINAL COIDADO: impactantes |
A prosa na época das Vangardas
RAFAEL DIESTE |
- Movemento fundamentalmente poético, mais hai un prosista: RAFAEL DIESTE- Dos arquivos do trasno, unha colección de contos que teñen os seguintes trazos:
1. IMPORTANCIA DA TÉCNICA: mestura do popular co culto (comezos in media res, finais abertos, relatos líricos...). |
A prosa na época das Vangardas
RAFAEL DIESTE |
2. PREFERENCIA POR TEMAS QUE CONTEÑAN MATICES EXTRAORDINARIOS: aínda que tamén hai contos realistas.
3. ARGUMENTOS: teñen unha orixe popular. Os personaxes son tradicionais do Rianxo de comezos de sé****. |