• Barajar
    Activar
    Desactivar
  • Alphabetizar
    Activar
    Desactivar
  • Frente Primero
    Activar
    Desactivar
  • Ambos lados
    Activar
    Desactivar
  • Leer
    Activar
    Desactivar
Leyendo...
Frente

Cómo estudiar sus tarjetas

Teclas de Derecha/Izquierda: Navegar entre tarjetas.tecla derechatecla izquierda

Teclas Arriba/Abajo: Colvea la carta entre frente y dorso.tecla abajotecla arriba

Tecla H: Muestra pista (3er lado).tecla h

Tecla N: Lea el texto en voz.tecla n

image

Boton play

image

Boton play

image

Progreso

1/10

Click para voltear

10 Cartas en este set

  • Frente
  • Atrás
CONVERSO
Persoa que acepta unha crenza relixiosa ou ideoloxía diferente á que profesaba. Na España dos sé***** XVI e XVII aplicábase especialmente aos musulmáns e xudeus que se convertían ao cristianismo, ben por convicción, ben por evitar persecucións. O aumento do número de conversos agravou o odio popular contra estes novos cristiáns, acusados de manter en segredo a súa fe (xudaizantes e mouriscos). Moitos deles foron perseguidos por este motivo polo tribunal da Inquisición.
GRANDE ARMADA
Gran flota formada por Filipe II en 1588 para desembarcar en Inglaterra e destronar á raíña protestante Isabel I. A Grande Armada partiu do porto de Lisboa, e tras recalar na Coruña, arribou ao Canal da Mancha onde debía encontrarse e embarcar aos Terzos de Flandres para despois invadir Inglaterra. Os ataques ingleses e os temporais obrigaron ás naves a dar a volta rodeando as illas Británicas. Nesa traxectoria moitos dos barcos naufragaron. Dos 130 navíos que partiron regresaron 66 e dos 25.000 homes unicamente uns 10.000 puideron salvarse. Tras a derrota, os ingleses denominárona sarcásticamente como a armada invencible.
MOURISCO
oboación musulmá dos reinos hispánicos que se converteron ao cristianismo para permanecer no país. A conversión forzosa significou a fin oficial da poboación musulmá en España, pero moitos deles continuaron mantendo a súa lingua, vestimentas e costumes, especialmente os que vivían no territorio do reconquistado reino de Granada. A minoría mourisca era rexeitada pola poboación, que consideraba falsa a súa conversión ao cristianismo e, por iso, era catalogada como posible aliada dos piratas berberiscos e turcos. Os mouriscos das Alpuxarras granadinas subleváronse en 1568 contra o trato discriminatorio que recibían e, tras unha guerra atroz, foron expulsados de Granada en 1570. En 1609 Filipe III ordenou a expulsión dos mouriscos dos seus reinos, con graves consecuencias para Aragón e Valencia donde se despoboaron numerosas comarcas
TERZOS
Unidade militar de infantería, de ataque e defensa, formada por soldados profesionais, voluntarios o de recrutamento, creada e sostida por los Habsburgo españois durante os sé***** XVI e XVII. Loitaban combinando as armas brancas (picas, espadas) e as de fogo (arcabuces, mosquetes). Estaban distribuídos polos distintos reinos e provincias da Monarquía Hispánica, destacando, polo seu número e fama, os Terzos de Flandres.
UNIÓN DE ARMAS
Proxecto político elaborado en 1625 polo valido de Filipe IV, o conde- duque de Olivares, no que propoñía o reparto da carga militar e fiscal entre todos os reinos da Monarquía Hispánica que ata entón recaía unicamente sobre Castela. O novo exército permanente estaría formado por 140.000 soldados achegados por cada un dos reinos en función da súa poboación e riqueza. Estas reformas inscribíanse nun plan máis amplo que pretendía unificar políticamente o imperio e crear unha estrutura centralizada do Estado, máis fácil de gobernar. O proxecto suscitou unha forte oposición dos distintos reinos, celosos das súas prerrogativas forais, e fracasou pola rebelión de Cataluña e Portugal.
VALIDO
Secretario real ao que o soberano outorgaba a súa confianza e a dirección do goberno do reino. En España, como noutros reinos europeos, a privanza xeneralizouse no sé**** XVII, cando os monarcas abandonaron o exercicio directo do goberno. Entre os validos destacaron os duques de Lerma e de Uceda no reinado de Filipe III, o conde- duque de Olivares e Luis de Haro no de Filipe IV e Fernando de Valenzuela e o conde de Oropesa no de Carlos II.
XUNTAS DO REINO DE GALICIA
Institución creada no sé**** XVI que actuaba como portavoz das sete provincias de Galicia e, desde 1528, como representación do Reino de Galicia. Estaban formadas polos delegados (procuradores) dos concellos das cidades capitais das provincias e actuaban como un organismo intermediario entre o Reino de Galicia e a Coroa de España transmitindo por un lado as peticións da monarquía e por outro as demandas da sociedade galega, principalmente das élites urbanas. Non tiñan funcións de goberno pero podían conceder diñeiros ao monarca, ordenar levas militares,

distribuír cargas fiscais ou enviar informes e peticións ao rei. As Xuntas eran convocadas polo monarca, normalmente cando necesitaba aumentar impostos ou facer levas de soldados, e estaban presididas polo Capitán Xeral de Galicia. Un dos asuntos máis discutidos foi a demanda do voto de Galicia nas cortes de Castela, que non se conseguiu ata 1623.
ANTIGO REXIME
Sistema político, económico e social que se iniciou en Europa no sé**** XVI e que acadou a súa plenitude no sé**** XVIII. Caracterizouse por unha economía de base agraria, a pervivencia das estruturas feudais, a sociedade estamental baseada nos privilexios dunha minoría e a monarquía absoluta como forma de goberno. Estes trazos foron desaparecendo como consecuencia dos cambios introducidos pola Revolución Francesa.
DECRETO DE NOVA PLANTA
Conxunto de decretos promulgados por Filipe V, entre 1707 e 1716 que impoñían, nos territorios da Coroa de Aragón (Aragón, Valencia, Mallorca e Cataluña), a organización político-administrativa de Castela, eliminando os seus privilexios forais, leis e institucións debido á súa rebelión na Guerra de Sucesión e ter tomado partido por Carlos de Austria. Permitiron a implantación dun modelo de estado centralista pois os reinos da Coroa de Aragón convertéronse en provincias gobernadas por un capitán xeneral e todo o territorio da monarquía española pasou a ter un sistema de goberno uniforme, coa soa excepción de Navarra e as Provincias Vascas que polo seu apoio a Filipe V puideron conservar os seus foros.
REGALISMO BORBÓNICO
Política de control e limitación do poder da igrexa católica levada a cabo polos Borbóns en España no sé**** XVIII no marco da potenciación do absolutismo real. Afirmaba a superioridade da autoridade dos reis sobre a Igrexa do territorio sobre o que reinaban. Entre outras medidas impuxeron o padroado rexio ou dereito do rei de presentar ou nomear candidatos para ocupar sedes eclesiásticas vacantes (recoñecido polo Concordato de 1753) e o placet ou dereito do rei a autorizar a publicación e divulgación dos escritos papais no propio reino. A medida regalista máis radical foi a expulsión dos xesuítas e a confiscación de todos os seus bens en 1767, durante o reinado de Carlos III, polo seu voto de obediencia ao Papa e baseándose na acusación de que promoveran conspiracións políticas instigando o motín de Esquilache.