• Barajar
    Activar
    Desactivar
  • Alphabetizar
    Activar
    Desactivar
  • Frente Primero
    Activar
    Desactivar
  • Ambos lados
    Activar
    Desactivar
  • Leer
    Activar
    Desactivar
Leyendo...
Frente

Cómo estudiar sus tarjetas

Teclas de Derecha/Izquierda: Navegar entre tarjetas.tecla derechatecla izquierda

Teclas Arriba/Abajo: Colvea la carta entre frente y dorso.tecla abajotecla arriba

Tecla H: Muestra pista (3er lado).tecla h

Tecla N: Lea el texto en voz.tecla n

image

Boton play

image

Boton play

image

Progreso

1/40

Click para voltear

40 Cartas en este set

  • Frente
  • Atrás
Os xéneros
Maiores: amigo, amor e escarnio e maldicir.

Menores: tenzón, pranto, cantiga de seguir.

Contaminados (mestura de xéneros autóctonos e occitanos): pastorela, descordo, alba, lai.
Versificación
Cantigas de refrán: teñen un refrán despois de cada cobra.

Mestría: sen refrán.

*O cómputo silábico faise ata a última sílaba tónica do verso.
Rima
Consonante ou asonante.

Rima macho: o verso remata en sílaba aguda
Rima femia: o verso remata en sílaba grave

*A rima márcase en letras minúsculas.
Recursos
Paralelismo
Leixaprén
Dobre
Mordobre
Fiinda
Atafiinda
Palabra perduda
Hipérbole
Antítese
Apóstrofe

-Nas de escarnio e madicir: equívoco e ironía.

*Recursos que facilitan a memorización.
Cantiga de amigo
Composicións nas que o poeta pon en boca dunha muller as penas (coita) de amor que esta dirixe ó seu "amigo".
-O amor adoita ser non correspondido.
-Explícase en que consisten as cantigas de amigo na Arte de Trovar.
-Xénero autóctono, procede dunha primitiva poesía oral que debeu existir no noroeste peninsular.
-Relacionada cunha poesía feminia que se deu tamén noutros puntos de Europa (Francia, Alemaña, Sicilia) Na península, as kharxas mozárabes presentan semellanzas coas cantigas de amigo.
Clasificación cantigas de amigo
Bailadas: expresan a ledicia de amar e vivir. Adoita producirse nelas unha invitación ó baile. Sempre levan refrán.

Mariñas ou barcarolas: desenvólvense nunha paisaxe mariñeira. A amiga dialoga coas ondas, vai esperar a chegada de navíos...

Cantigas de romaría: relacionadas con romaxes e peregrinacións a ermidas, igrexas e santuarios onde a amiga se reúne co amigo.

Cantigas de alborada: a namorada expresa os seus sentimentos cara o seu amigo nas primeiras horas do día.
Caracterización
-A palabra amigo aparece sempre nos primeiros versos.
-Carácter autóctono. Medio rural e doméstico pouco detallado.
-Paisaxe bucólica e primaveral (fontes, ríos, igrexas, ermidas, aves, cervos) con valor simbólico.
-Nalgunhas cantigas a rapaza diríxese a personaxes distintos do amigo: amigas, nai, natureza.
-Hai cantigas de amigo que inclúen elementos da cantiga de amor provenzal: coita de amor.
Clasificación formal
-Adoita ter cobras de 2,3 ou 4 versos + refrán. Poden ser tamén de mestría.

Trazos característicos:
-Paralelismo: procedemento repetitivo polo que as palabras ou ideas dunha cobra volven aparecer na seguinte con mínimas modificacións.
-Leixaprén: repetición dos segundos versos dun par de cobras como primeiros versos do seguinte par.
-Refrán: verso(s) que se repite(n) ó final de cada cobra.
A amiga
Amiga: suxeito lírico. Faise unha louvanza das súas calidades físicas. Manifesta ás veces a coita por un amor non correspondido ou pola ausencia do namorado. Pode expresar tamén alegría, impaciencia, arrepentimento...
Algunhas veces diríxese ó amigo, outras á nai, amigas, natureza....
Amigo
Case sempre ausente (na guerra, servindo ó rei...). Nunca se produce o diálogo entre os dous namorados.
Nai
Adoita escoitar en silencio os problemas da filla
Pode haber diálogo
Vixía a filla, aconséllaa e contrólaa a través dunha actitude autoritaria.
Confidentes
Nai
Natureza
irmá> papel autoritario en ausencia da nai
amigas> poden ter un papel de intermediarias entre os namorados
Contexto cantiga de amor
Poema no que un home se dirixe a unha dona mostrando o seu amor por ela. Suxeito lírico masculino.

A estrutura económica denominada feudalismo consistía na vinculación entre un señor e un vasalo. O primeiro concédelle unha terra (feudo) ó segundo a cambio de fidelidade e servizos. Establécese así un contrato de vasalaxe polo que o señor ten o dominio sobre o vasalo a cambio de protección e manutención.

A poesía cortés é unha forma de expresión lírica, laica, que se desenvolve nas cortes do sur de Francia. A súa composición característica é a cançó, que ten como tema central o amor.

A relación amorosa interprétase como unha transposición do sistema feudal. O poeta compórtase como un vasalo da señor e dálle homenaxe e submisión. Na lírica provenzal o poeta aspirará a ser recompensado, na galego-portuguesa esa recompensa nunca se produce.
Caracterización
-Identifícanse porque a palabra "senhor" aparece nos primeiros versos.

Formalmente distinguimos cantigas de mestría (sen refrán, como as cançó provenzais) e de refrán (empregan refrán e estrutura paralelística, máis próximas ás cantigas autóctonas de amigo)

Adoitan estar estruturadas en 3 ou 4 cobras de versos heptasílabos, octosílabos ou decasílabos.
cançó provenzal vs cantiga de amor
-Na lírica provenzal a muller a quen se dirixían as cantigas era real e estaba casada. Tratábase dun amor adúltero. Na cantiga de amor diríxense a unha dona idealizada (casada ou solteira)

-O sentimento amoroso: a senhor na nosa lírica pode manifestar indiferenza, revancha ou mostrarse vingativa e negarlle ó namorado o dereito a falarlle ou mirala.

-A sensualidade que caracterizaba a poesía provenzal substitúese polo amor platónico dominado pola coita de amor. Este sentimento é consecuencia do rexeitamento que sofre o namorado. Nas cantigas galego-portuguesas nunca chega a ser correspondido, cousa que sucede na cançó.
-A coita de amor hai que tomala como un finximento, un xogo literario que se constrúe partindo dunha serie de regras.
-O tema máis frecuente é o amor non correspondido.
-Debido a isto o poeta vive en desacougo, desorientado ou tolo de amor. Pode chegar incluso á morte por amor.
Senhor
Amada descrita dun xeito vago e impreciso. Só sabemos que ten unha extraordinaria beleza case perfecta.

Respecto á súa psicoloxía tamén hai escaseza de adxectivos mais faise referencia ás súas calidades positivas.

O namorado nunca é correspondido aínda que pide unha relación de vasalaxe que non é aceptada pola dama.
Namorado
-Suxeito lírico
-Desempeña o papel de vasalo
-Preséntase ante a dama como un home fiel e honesto para conseguir o seu favor
-Caracterízase como servidor e pode chegar á morte de amor se a dama non lle concede o galardón (recompensa).
Miscradores
Competidores polo amor da dama. O namorado acúsaos de mentireiros.
Cantigas de escarnio e maldicir
Crese que a canción satírica galego-portuguesa tivo orixe nunha antiga poesía autóctona de tradición oral, xunto coa influencia posterior do sirventés provenzal.

As cantigas satíricias narran en clave burlesca acontecementos máis ou menos escandalosos da época, polo que nos poden axudar a comprender e interpretar melllor os hábitos da sociedade medieval. Non deben ser consideradas un fiel retrato do mundo real.

Segundo a Arte de Trovar (Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa).

-Escarnio: baséanse na equivocatio, na utilización de palabras con dobre sentido.
-Maldicir: empregan palabras directas.

-Clasificación formal: de mestría ou de refrán
Clasificación temática
-Sátira relacionada co sexo: poemas referidos ós órganos sexuais, sátiras de soldadeiras, cornudos...

-Sátira social: burlas sobre os vicios, costumes ou defectos físicos dos nobres (avaricia dos infanzóns) ou relixiosos.

-Sátira xograresca: escarnios que se intercambian entre trobadores e xograres nos que se critica a falta de talento ou o estilo de vida destes artistas.

-Sátira política: cantigas contra determinados feitos históricos (personaxes que se cambiaron de bando na guerra, posta en evidencia da covardía dalgúns vasalos...)

-Sátira moral: próximas ó sirventés. Tratan sobre a corrupción, desaparición de antigas virtudes, abusos de poder, uso de mentiras...

-Sátira literaria: burlas e parodias dalgúns tipos de poesía. p.ex: burlas sobre o amor cortés.
Caracterización
Gran variedade temática e riqueza léxica

Estrutura léxica máis desenvolvida que nas cantigas de amigo ou de amor.

O obxectivo é a sátira: a individuos concretos, a prototipos de individuos dunha clase determinada...

Abundan elementos obscenos nas cantigas de maldicir e a ironía e o equívoco nas de escarnio.
Xéneros menores: a tenzón
-Poema dialogado no que dous trobadores se satirizan reciprocamente (alternando intervencións) ou sosteñen opinións opostas sobre un tema.

-As cobras adoitan ser dobras (cambio de rima cada dúas) e o segundo que intervén ten que utilizar o mesmo esquema que o primeiro.
Cobras
-Dobras: cada dúas teñen o mesmo esquema
-Alternadas:
-Singulars: diferente esquema rítmico.
Xéneros menores: a cantiga de seguir
Composición que consiste en imitar outro poema xa existente. Pódese imitar só a música e a rima ou tamén o refrán. Só se conservan tres exemplos.
Xéneros menores: O pranto
Poesía na que o trobador expresa a dor pola morte dunha persoa de clase social alta e eloxia as súas virtudes. O finado adoita ser o protector do poeta

Consérvanse cinco prantos en galego-portugués, catro deles da autoría de Pero da Ponte.
Xéneros contaminados
A pastorela: composición dialogada, de ascendencia occitana na que se desenvolve o encontro entre un cabaleiro-trobador e unha pastora. No ámbito galego-portugués está moi influído polas formas das cantigas de amor ou de amigo.

O descordo: cantiga de orixe provenzal cun esquema métrico e melódico diferente en cada cobra. Só se conserva en galego-portugués un descordo.
Lírica relixiosa.
-Afonso X (xunto con D.Dinís de Portugal) foi o gran mecenas da cultura medieval peninsular.
-Promotor de obras de prosa en castelán.
-Tamén foi autor de lírica profana.
-Impulsa a creación das Cantigas de Santa María.
Cantigas de Santa María.
-Destinadas a ser cantadas
-427 composicións en louvanza da virxe
-En galego portugués.
-Obra de propaganda do Rei para demostrar o prestixio e poder da súa corte.
-Non (todas) foron escritas polo rei. Este supervisaba o traballo dun equipo.
-Recollidas en distintos códices con notación musical. Algúns teñen moitas miniaturas.
Fontes das Cantigas de Santa María
-Narracións orais de milagres
-Coleccións marianas
-Textos haxiográficos latinos
-Experiencias persoais do propio rei ou colaboradores.
Caracterización cantigas de Santa María
-Diferentes temas, en xeral narran a magnificencia da Virxe e a indulxencia con que intercede diante de Deus para favorecer os seus devotos.

-Desde o punto de vista lingüístico teñen un extraordinario valor pola súa abundante riqueza léxica.
Clasificación formal cantigas Sta. María
-Cantigas líricas (loores): distribuídas de dez en dez, son composicións que imitan as cantigas de amor profanas na submisión do poeta á súa amada. A Virxe é a senhor a que ama o poeta. O amor profano transfórmase en amor espiritual.

-Cantigas narrativas (milagres): finalidade didáctica. A súa estrutura consta dunha breve introdución, presentación dun personaxe que peca e pide axuda á Virxe e a intervención desta e louvanza da súa figura.

-A maioría das Cantigas de Santa María son de refrán e presentan unha estrutura estrófica diferente da das composicións profanas.
-Versos entre 4-17 sílabas (+ habitual 14)
Decadencia lírica galego-portuguesa
-Morte de don Pedro, conde de Barcelos (s.XIV)
-Fracaso nobreza galega + prestixio da corte castelá e do seu idioma.
-Caída peregrinacións a SDC.
-A creación lírica galega perde prestixio, vaise impoñendo a literatura en castelán.
-Escola galego-castelá (S.XV). Máis importante Cancioneiro de Baena.
Prosa literaria medieval
-Menor relevancia cá lírica.
-Mostras entre o S.XIII-XV
-2 tipos
-Prosa de ficción: traducións ou versións de textos
literarios doutras culturas europeas.
-Historiografía: obras de carácter histórico,
xurídico, didáctico.
Prosa de ficción
Integrada por dous ciclos narrativos: Materia de Bretaña e Materia de Troia > ademias hai diversos textos haxiográficos (vidas de santos)
Materia de Bretaña = ciclo bretón
-Textos baseados en lendas bretoas que circularon por Europa con éxito entre os sé***** XII-XIII.
-Historias sobre o rei Artur e os cabaleirso da Táboa Redonda.
-Tamén se coñece como Demanda do Santo Graal e consta de tres partes.
Partes ciclo bretón
-Xosé de Arimatea: narra a historia deste personaxe que, segundo a tradición, recolleu o sangue de Xesús na copa utilizada na Derradeira Cea (O santo Graal)

-Merlín: manuscrito que narra as profecíias do mago, nas que se anuncia a chegada de tempos novos.

-Demanda do Santo Graal: manuscrito no que se contan as aventuras dos cabaleiros da Táboa Redonda na procura do Graal. Dos 150 cabaleiros que irán na súa procura só tres serán os elixidos: Boorz, Perceval e Galaaz (figura que representa a xustiza divina e arredor da que xira o libro).

*Existe un fragmento do Libro de Tristán que narra os tráxicos amores entre Tristán e Isolda.
*Son traducións ó galego-portugués
Materia de Troia = ciclo clásico
Formada por textos que derivan do Roman de Troie de Benoît de Sait-Maure. Creados a partir de lendas que narran episodios sobre os heroes da guerra de Troia e o asedio e destrución desta cidade.

Os textos ofrecen unha visión medieval e imaxinaria da Grecia clásica. Inicio: conquista do toisón de ouro (Xasón) Final: morte de Ulises.
Traducións da Materia de Troia
-Mandounas facer o conde Fernán Pérez de Andrade en Betanzos e Pontedeume.

-Crónica Troiana: tradución desde o castelán rematada en 1373 con moito valor para coñecer a historia da lingua.

-Historia Troiana: tamén traducida do castelán a finais do s. XIV. Texto bilingüe. Manuscrito incompleto de 220 folios.
Haxiografía
-Texto máis salientable versión do Códice Calixtino (texto en latín do S.XII) que se coñece como Miragres de Santiago (s.XV)

-Inclúe: milagres, expedición de Carlomagno a Hispania, morte de Roldán en Roncesvalles, destrución de Xerusalén, vida e morte de Pilatos, descrición da catedral de Santiago...
Historiografía
-A maioría dos textos que conservamos son traducións do castelán.

-Crónica xeral galega: tradución da Crónica geral e da Crónica de Castilla.
-Crónica galega de 1404: escrita orixinariamente en galego.
-Crónica de Santa María de Iria: tradución ó galego de dous textos latinos (Cronicón iriense e Historia compostellana). Fálase do traslado do corpo de Santiago desde o porto de Iria, dos distintos bispos da diocese e de tribos xermánicas.
-General estoria: versión galega da obra castelá de Afonso X, narra historia desde a aparición do ser humano ata o reinado do monarca.
-Libros de liñaxes: xenealoxía das principais familias nobres de Portugal. 4 libros. O último redáctao D.Pedro e contén referencias a trobadores e outras personalidades galegas.