• Barajar
    Activar
    Desactivar
  • Alphabetizar
    Activar
    Desactivar
  • Frente Primero
    Activar
    Desactivar
  • Ambos lados
    Activar
    Desactivar
  • Leer
    Activar
    Desactivar
Leyendo...
Frente

Cómo estudiar sus tarjetas

Teclas de Derecha/Izquierda: Navegar entre tarjetas.tecla derechatecla izquierda

Teclas Arriba/Abajo: Colvea la carta entre frente y dorso.tecla abajotecla arriba

Tecla H: Muestra pista (3er lado).tecla h

Tecla N: Lea el texto en voz.tecla n

image

Boton play

image

Boton play

image

Progreso

1/17

Click para voltear

17 Cartas en este set

  • Frente
  • Atrás
Monarquía absoluta
Unha forma de goberno na que o rei concentraba todo o poder.
Por que xurdiron as ideas da Ilustración?
Para poñerlle fin aos privilixios dunha parte da sociedade e o dereito do pobo a elixir os seus gobernantes.
Que clases sociais iniciaron a revolución francesa e en que ano?
En 1789, os burgueses, apoiados polo pobo raso (campesinos, artesáns, comerciantes….) defenderon as novas ideas liberáis e organizáronse para acabar co absolutismo.
Duración da guerra da independencia.
1808-1814
Que consecuencia tivo esta guerra?
Napoleón chegou a destronar a Fernando VII e puxo no seu lugar ao seu irmán Xosé I gobernando España.
O franceses foron vencidos polos españois, pero, en que ano realizan a súa retirada?
1813
Que rei volta ao poder despois da retirada dos franceses?
Fernando VII, volve o absolutismo.
Pero que querían os españois unha vez rematara a guerra con Francia?
Estaban os afrancesados, uha minoría de españois que querían que se implantara en España as ideas da revolución francesa.
Por outra banda estaban os patriotas-absolutista que querían que voltara o rei e que todo o poder recaíra nel.
E os patriotas-liberais que quería que gobernara o rei pero con unha constitución e parlamento elexido polos cidadáns
En que data conseguiron os vigueses expulsar aos franceses da vila de Vigo?
28 de marzo de 1809.
Por que a constitución de 1812 se chama "A Pepa"
Porque foi aprobada o 19 de marzo, festividade de San Xosé.
En que década empezaron a independizarse as colonias americanas e cales aínda quedaban en dominio español?
1814-1824. Aínda quedaban en dominio español Cuba, Puerto Rico e Filipinas.
Por que Fernando VII anulou a lei Sálica no ano 1830?
Para que a súa filla Isabel puidera gobernar porque nesa época só o podían facer os homes e Fernando VII só tivo fillas.
A quen enfrentaba a guerra carlista?
En 1833 estalou unha guerra entre carlistas (absolutistas) e isabelinos (liberais) . O conflito finalizou en 1840 con triunfo dos liberais que apoiaban a Isabel II.
Co liberalismo da época de Isabel naceron novos partidos, cales?
- Liberais: pensaban que o poder debería emanar do pobo pero só deberían votar as persoas respectables e que tiveran propiedades.
- Demócrata: pensaban que o voto non era só para os ricos. Todos eran iguais ante a lei e tiñan dereito a votar.
- Republicano: pensaban que todos os cargos públicos, incluido o do xefe do estado (rei) debían ser elixidos. Unha persoa non debía de reinar por ser fillo ou filla do seu pai, é dicir, un non debería ser rei por herencia.
Canto durou o periodo de democracia en España?
Seis anos (sexenio), dende 1868 ata 1875, data en que sube ao poder Alfonso XII, fillo de Isabel II.
En que ano perdeu España as últimas colonias que lle quedaban (Cuba, Puerto Rico, Filipinas9?
En 1898.
Que é a quenda dinástica?
A alternancia no poder de dous partidos políticos, conservador e liberal.