- Barajar
ActivarDesactivar
- Alphabetizar
ActivarDesactivar
- Frente Primero
ActivarDesactivar
- Ambos lados
ActivarDesactivar
- Leer
ActivarDesactivar
Leyendo...
Cómo estudiar sus tarjetas
Teclas de Derecha/Izquierda: Navegar entre tarjetas.tecla derechatecla izquierda
Teclas Arriba/Abajo: Colvea la carta entre frente y dorso.tecla abajotecla arriba
Tecla H: Muestra pista (3er lado).tecla h
Tecla N: Lea el texto en voz.tecla n
Boton play
Boton play
5 Cartas en este set
- Frente
- Atrás
Atención á diversidade: conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe,motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado.
|
Medidas de atención á diversidade: actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado. Estas medidas se clasifican en ORDINARIAS e EXTRAORDINARIAS. (Recollidas no PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE e nas CONCRECIÓNS ANUAIS DE DITO PLAN).
|
Medidas ordinarias: aquelas que faciliten a adecuación do currí**** prescriptivo, sen alteración significativa dos seus obxectivos, contidos e criterios de avaliación, ao contexto sociocultural dos centros educativos e ás características do alumnado. FINALIDADE:dar resposta ás diferenzas en competencia curricular, motivación, intereses... DESTINADAS:facilitar consecución obxectivos e competencias establecidas nas diferentes ensinanzas.
|
Medidas extraordinarias: aquelas dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO, que poden requerir modificacións significativas do currí**** ordinario e/ou supposer cambios esenciais no ámbito organizativo.
AUTORIZACIÓN:dirección do centro educativo,Servizo de Inspección Educativa, Xefatura territorial, dirección xeral. |
PLAN XERAL DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE: documento en que se articula a atención á diversidade a que se refire o artigo 121.2 LEI ORGÁNICA 2/2006 ,DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN. Se concretan todas as actuacións e medidas de atención á diversidade que un centro educativo deseña e desenvolve para adecuar a resposta educativa ás necesidades da totalidade do seu alumnado.
|
Absentismo: ausencia ao centro escolar e sen causa debidamente xustificada do alumnado en idade de escolarización obligatoria.
|
Abandono escolar temperán: situación daquel alumnado que, podando seguir escolarizado por idade,abandona o sistema educativo sen a obtención da titulación correspondente.
|
Desescolarización: situación en que persoas en idade de escolarización obrigatoria non se atopan matriculadas en ningún centro educativo.
|
Alumnado con necesidade específicas de apoio educativo (ACNEAE): aquel alumnado que requira, de forma temporal ou permanente, apoios ou previsións educativas diferentes ás ordinarias por presentar necesidades educativas especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe,por altas capacidades intelectuais, por incorporarse tardiamente ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar.
|
Avaliación psicopedagóxica:proceso sistematizado de recollida, análise e valoración da información relevante do alumnado, do seu contexto escolar, do contorno familiar e dos distintos elementos que intervienen no proceso de ensino e de aprendizaxe. FINALIDADE: identificar as necesidades educativas que poida presentar o alumnado e poder fundamentar as correspondentes propostas e decisións.
|