- Barajar
ActivarDesactivar
- Alphabetizar
ActivarDesactivar
- Frente Primero
ActivarDesactivar
- Ambos lados
ActivarDesactivar
- Leer
ActivarDesactivar
Leyendo...
Cómo estudiar sus tarjetas
Teclas de Derecha/Izquierda: Navegar entre tarjetas.tecla derechatecla izquierda
Teclas Arriba/Abajo: Colvea la carta entre frente y dorso.tecla abajotecla arriba
Tecla H: Muestra pista (3er lado).tecla h
Tecla N: Lea el texto en voz.tecla n
Boton play
Boton play
14 Cartas en este set
- Frente
- Atrás
Aula Regia
|
institución creada en época visigoda atribuída a Leovigildo que facía as
funcións dun consello real. Os seus membros son designados polo rei, ten carácter consultivo e xurde para auxiliar ao rei nas tarefas de goberno, elaborar as leis e impartir da xustiza. A monarquía visigoda tiña un carácter electivo e mantiña unha dependencia intensa respecto das familias nobiliarias. |
Bárbaros
|
nome que daban os romanos aos pobos que vivían máis alá do limes do
imperio. Tería polo tanto un significado de estranxeiro por contraposición coa poboación que tiña o dereito latino ou o dereito de cidadanía romana. A crise do Imperio do sé**** III d.c. e a posterior chegada de pobos procedentes das estepas asiáticas favoreceron a penetración no mundo romano dos pobos do norte e leste de Europa |
Castro
|
asentamento fortificado prerromano formado por casas de tipo circular ou
elípticas que adoita situarse a media ladeira ou nun promontorio que facilite a súa defensa e o control visual do territorio. Pertencentes a denominada Cultura castrexa aparecen no noroeste peninsular cara o sé**** VIII a.c., continúan existindo baixo a dominación romana, chegando ata o sé**** II d.C., momento no que comezan a ser abandonados. |
Conventus
|
subdivisión territorial inferior á provincia que aparecen co Imperio romano
con finalidade xurídica. Os conventus eran as asembleas presididas polo representante do gobernador da provincia que estaban encargadas de administrar a xustiza, recaudar os impostos e xestionar o culto ao emperador. A provincia Tarraconensis dividíase en sete conventus dos que tres estaban no territorio que máis tarde se denominaría Gallaecia. |
Economía predadora
|
denominase á economía baseada na caza-recolección propia do
Paleolítico (2’5 millóns de anos ata 10.000 a.C.). Isto obrigaba ás comunidades humanas a desprazarse detrás do alimento obrigando a unha residencia provisional nunha itinerancia ou nomadismo que durará ata o Neolítico. Desta etapa chegan a nós os instrumentos da industria lítica que servían para a caza e a arte rupestre |
Guerras cántabras
|
guerras de conquista e dominación que manteñen as lexións
romanas contra os pobos do norte peninsular para evitar as incursións que estes facían sobre as áreas agrícolas da meseta. Esta fase da conquista da Península Ibérica esténdese dende o 29 a.C. ata o 19 a.C. coa chegada de Octavio Augusto para pacificar, os galaicos, astures e cántabros. Para controlar mellor a estes pobos foron fundándose unha serie de núcleos entre os que está León onde estaba acantonada a Lexión VII romana. |
Megalitismo
|
denominación dunha serie de construcións de finalidade relixiosa e
funeraria, feitas con pedras de grandes dimensións a finais do Neolítico e durante a era do Cobre ou Calcolítico (finais do IV e III milenio a.c.) fundamentalmente no noroeste peninsular. Estas construcións presentes en Galicia van dende os menhires, as antas ata as mámoas. |
Carta de poboamento
|
documento concedido polo monarca entre os sé***** X e XIII
que permitía a unha comunidade de persoas repoboar núcleos de poboación, conquistadas ao mundo musulmán, a cambio de privilexios forais e manter un estatuto de liberdade fronte ao control feudal dando lugar ao nacemento de vilas e burgos. Fortaleceron o poder da monarquía fronte os señores feudais. |
Manso
|
parte dun feudo medieval que se corresponde coas terras que un señor feudal
distribúe entre os seus campesiños vasalos para a súa subsistencia. A cambio do dereito de uso sobre esas terras os campesiños debían entregar ao señor unha parte da colleita a cambio da protección deste. |
Marca Hispánica
|
territorios fronteirizos entre o reino franco e o mundo musulmán que
viña a corresponder coa zona pirenaica onde xurdiron unha serie de núcleos de resistencia cristiá que sendo vasalos do rei francés, sen embargo, co tempo acabaron por independizarse e acabarían por dar lugar ao reino de Navarra e Aragón. Os territorios que formaron parte da Marca Hispánica eran os condados de Pamplona, Aragón, Sobrarbe, Ribargoza e os condados cataláns. |
Mesta
|
asociación que agrupaba aos propietarios das ovellas meriñas trashumantes,
fornecedoras de lá, fundada por Alfonso X, en 1273. O gando era propiedade dos nobres e autoridades eclesiásticas o que determinaba o goce dunha serie de privilexios de paso polas cañadas e pastoreo entre a Cordilleira Cantábrica e Serra Morena, de xeito que en Castela houbo un predominio da actividade gandeira en detrimento das terras de cultivo e bosques. Esta asociación perdurará ata o final do Antigo Réxime en 1837. |
Mozárabe
|
cristián de orixe hispano-godo que vivía en territorio musulmán, que co
tempo acabaría por adquirir os costumes de vida musulmán e a lingua árabe. Aínda que gozaban de tolerancia sobre o seu culto, estaban obrigados a pagar un imposto ás autoridades musulmáns. Os que se acabaron convertindo ao Islam denominaronse muladíes. |
Presura
|
modalidade inicial de repoboación (s. IX e X), ao norte do río Duero, propio do
reino de León, que consistía en volver ocupar e roturar as terras conquistadas aos musulmáns a cargo de particulares que recibiron unha autorización rei. Os protagonistas desta modalidade eran ordes monásticas principalmente. Era un mecanismo para incentivar o cultivo en territorio fronteirizo e perigoso. |
Taifas
|
denominación dos pequenos reinos musulmáns formados trala caída do Califato
de Córdoba, no 1031, e que creou unha enorme fragmentación do poder político que pasou a subdividirse en pequenos reinos independentes controlados por unha familia e unha cidade importante (Sevilla, Toledo, Badajoz, Zaragoza...) que, máis febles e enfrontados entre si tiveron que pagar as parias aos reinos cristiás que o aproveitaron para ampliar os seus respectivos territorios. Ademais deste período de taifas houbo outros dous, un a mediados do s. XII e outro a mediados do XIII. |