- Barajar
ActivarDesactivar
- Alphabetizar
ActivarDesactivar
- Frente Primero
ActivarDesactivar
- Ambos lados
ActivarDesactivar
- Leer
ActivarDesactivar
Leyendo...
Cómo estudiar sus tarjetas
Teclas de Derecha/Izquierda: Navegar entre tarjetas.tecla derechatecla izquierda
Teclas Arriba/Abajo: Colvea la carta entre frente y dorso.tecla abajotecla arriba
Tecla H: Muestra pista (3er lado).tecla h
Tecla N: Lea el texto en voz.tecla n
Boton play
Boton play
39 Cartas en este set
- Frente
- Atrás
Economía predadora
|
Tipo de actividade humana na que se obteñen e consumen os recursos da natureza sen xerar produción. É característica das sociedades paleolíticas ou pre-agrícolas nómades ou seminómades nas que a recolección de froitos silvestres, a caza, a pesca e o marisqueo son as actividades que permiten ao grupo obter os alimentos e os recursos para o vestido e a construción das vivendas.
|
Megalitismo
|
Literalmente significa “grandes pedras” (do grego “mega” –grande- e “litos” –pedra-), termo que fai alusión ás construcións arquitectónicas formadas por grandes pedras chamados megálitos. Os tipos básicos son: o menhir ou pedrafita (un monólito fincado no chan verticalmente), o crómlech (menhires formando un círculo) e o dolmen ou anta (sepulcros formados por unha cámara que pode estar precedida dun corredor). Corresponden a unha ampla cronoloxía que vai desde finais do Neolítico ata a Idade do Bronce.
|
Castro
|
Poboado fortificado (murallas, parapetos, terrapléns, foxos) prerromano no que se asentaron poboacións indíxenas na Meseta norte e no noroeste peninsular, onde da nome á cultura castrexa. Son moi numerosos os conservados na actual Galicia, caracterizados pola súa planta redondeada e un urbanismo irregular no que as construcións, especialmente as vivendas, teñen tamén formas redondeadas. Os castros poden ocupar cumios de outeiros, ladeiras de montañas, penínsulas ou estar situados en zonas chairas. Os máis antigos datan da Idade do Bronce, aínda que alcanzaron o máximo desenvolvemento na Idade do Ferro e algúns deles perduraron ata a Idade Media
|
Guerras cántabras
|
Enfrontamentos bélicos entre os romanos e os pobos do norte peninsular (cántabros, ástures e galaicos) que supuxeron a finalización da conquista romana da península ibérica. Tiveron lugar entre os anos 29 e 19 a.C. e estiveron dirixidas polo emperador Augusto. A batalla de Monte Medulio (ano 25 a.C.) puxo fin á resistencia dos galaicos.
|
Bárbaros
|
Denominación xenérica dada polos gregos e romanos aos pobos situados fóra do ámbito da súa civilización e que non falaban a súa lingua. Durante o Imperio romano o termo tomou un sentido pexorativo empregándose para designar os pobos de costumes primitivas que ameazaban coas súas incursións as fronteiras do mundo romano. No 476 conseguiron tomar Roma e depoñer ao derradeiro emperador romano de occidente.
|
Conventus
|
No imperio romano inicialmente eran asembleas conxuntas de romanos e indíxenas que evolucionaron ata converterse en unidades administrativas (recadación de impostos, recrutamento de tropas) e xurídicas (regularización de preitos, realización de contratos) dentro das provincias romanas. Unha cidade actuaba como capital do conventus e lle dá nome, pero o seu territorio non estaba definido xuridicamente, polo que os seus límites eran imprecisos. A actual Galicia correspóndese, basicamente, co conventus lucensis.
|
Aula regia
|
Organismo político que asesoraba ao monarca nos asuntos políticos, militares, lexislativos e xudiciais do reino visigodo de Toledo. Nos seus comezos estaba formada por cortesáns e servidores do rei, pero desde o sé**** VI asistían tamén as principais personalidades do reino, nobres e bispos. Tendo en conta que a monarquía era electiva, a función deste organismo era fundamental porque tamén interviña na designación dos monarcas.
|
Mozárabe
|
Cristián sometido aos musulmáns en al-Ándalus. A cambio de conservar a súa fe e os seus costumes tiñan que pagar elevados impostos, polo que moitos foron desprazándose cara ao norte, aos territorios controlados polos reis cristiáns, ou foron converténdose ao Islam.
|
Marca hispánica
|
Territorio controlado nos sé***** VIII e IX polos emperadores e reis dos francos (Carlomagno, Luís o Piadoso, Carlos o Calvo) ao sur dos Pirineos, formando a fronteira entre o imperio carolinxio e al-Ándalus. Comprendía inicialmente os condados de Pamplona, Aragón, Sobrarbe, Ribagorza, Pallars, Urxel, Cerdaña, Besalú, Ampuries, Vic, Xirona e Barcelona. Estivo gobernada por condes designados polos monarcas francos, pero ao longo do sé**** IX foron tendo unha crecente autonomía ata crear condados e reinos independentes.
|
Taifas
|
Reinos que xurdiron da desmembración do califato de Córdoba en 1031. Estaban dominados polas oligarquías locais ou polos xefes militares das principais cidades de al-Ándalus. Enfrontados entre si, as fronteiras flutuaban e o seu poder foi cada vez máis débil, sendo incapaces de facer unha fronte común ante os ataques cristiáns. O derradeiro reino taifa foi o de Granada, conquistado en 1492 polos Reis Católicos dando así fin á Reconquista.
|
Manso
|
Unidade de explotación familiar (casa e terras de cultivo) que o señor feudal cedía en usufruto a un colono libre ou a un servo a cambio de certas prestacións e censos. Xunto coa reserva señorial constituían os elementos básicos de explotación dos feudos na Alta Idade Media.
|
Presura
|
Forma inicial de repoboación organizada polos cristiáns a partir de finais do sé**** VIII para ocupar as terras ermas, pouco poboadas ou que se ían reconquistando aos musulmáns. Os reis autorizaban a establecerse nun determinado territorio, que pasaba a ser propiedade de quen o ocupase e explotase. Houbo dúas modalidades: a oficial, desenvolvida polo rei ou polos seus delegados, e a privada, efectuada por nobres, eclesiásticos ou familias de campesiños libres.
|
Carta de poboamento
|
Documento polo que os monarcas e os señores laicos e eclesiásticos concedían na época medieval privilexios forais a quen se establecese en determinados lugares ou cidades coa finalidade de atraer poboación e repoboar os territorios que estaban despoboados ou que se ían conquistando aos musulmáns. En Galicia, os monarcas Fernando II e Afonso IX foron os que máis potenciaron a fundación ou repoboación de núcleos urbanos concedendo numerosos privilexios aos seus habitantes.
|
Mesta
|
Organización dos gandeiros do reino de Castela fundada en 1273 polo rei Alfonso X. Estaba rexida polo Consello da Mesta, que chegou a ser unha poderosa institución ao servizo dos grandes gandeiros e da propia Coroa, que se beneficiaba das taxas pagadas pola exportación da la. Os privilexios dos gandeiros orixinaron numerosos conflitos cos agricultores ata que a Mesta foi abolida en 1836.
|
Converso
|
Persoa que acepta unha crenza relixiosa ou ideoloxía diferente á que profesaba. Na España dos sé***** XVI e XVII aplicábase especialmente aos musulmáns e xudeus que se convertían ao cristianismo, ben por convicción, ben por evitar persecucións. O aumento do número de conversos agravou o odio popular contra estes novos cristiáns, acusados de manter en segredo a súa fe (xudaizantes e mouriscos). Moitos deles foron vítimas do tribunal da Inquisición.
|
Mourisco
|
Musulmán obrigado a converterse ao cristianismo por orde dos monarcas en diferentes momentos: 1502 en Castela, 1518 en Aragón e 1526 en Valencia. A conversión forzosa significou a fin oficial da poboación musulmá en España, pero moitos deles continuaron mantendo a súa lingua, vestimentas e costumes, especialmente os que vivían no territorio do reconquistado reino de Granada; esta situación levou a que fosen expulsados de Granada en 1570 e de Aragón e Valencia en 1609.
|
Xuntas do Reino de Galicia
|
Institución creada no sé**** XVI que actuaba como portavoz das sete provincias de Galicia e, desde 1528, como representación do Reino de Galicia. Estaban formadas polos delegados dos concellos das cidades capitais das provincias e actuaban como un organismo intermediario entre o Reino de Galicia e a Coroa de España. Non tiñan funcións de goberno pero podían conceder diñeiros ao monarca, ordenar levas militares, distribuír cargas fiscais ou enviar informes e peticións ao rei. As Xuntas eran convocadas polo monarca, normalmente cando necesitaba aumentar impostos ou facer levas de soldados, e estaban presididas polo Capitán Xeral de Galicia.
|
Terzos
|
Unidade militar de infantería, de ataque e defensa, formada por soldados profesionais, voluntarios o de recrutamento, creada e sostida por los Habsburgo españois durante os sé***** XVI e XVII. Loitaban combinando as armas brancas (picas, espadas) e as de fogo (arcabuces, mosquetes). Estaban distribuídos polos distintos reinos e provincias da Monarquía Hispánica, destacando, polo seu número e fama, os Terzos de Flandres.
|
Grande armada
|
Gran flota formada por Filipe II en 1588 para desembarcar en Inglaterra e destronar á raíña protestante Sabela I. A Grande Armada partiu do porto de Lisboa, e tras recalar na Coruña, arribou ao Canal da Mancha onde debía encontrarse e embarcar aos Terzos de Flandres para despois invadir Inglaterra. Os ataques ingleses e os temporais obrigaron ás naves a dar a volta rodeando as illas Británicas. Nesa traxectoria moitos dos barcos naufragaron. Dos 130 navíos que partiron regresaron 66 e dos 25.000 homes unicamente uns 10.000 puideron salvarse. Tras a derrota, os ingleses descualificárona como a armada invencible
|
Valido
|
Secretario real ao que o soberano outorgaba a súa confianza e a dirección do goberno do reino. En España, como noutros reinos europeos, a privanza xeneralizouse no sé**** XVII, cando os monarcas abandonaron o exercicio directo do goberno. Entre os validos destacaron os duques de Lerma e de Uceda no reinado de Filipe III, o condeduque de Olivares e Luis de Haro no de Filipe IV e Fernando de Valenzuela e o conde de Oropesa no de Carlos II.
|
Unión de armas
|
Proxecto político elaborado en 1625 polo valido de Filipe IV, o conde-duque de Olivares, no que propoñía o reparto da carga militar e fiscal entre todos os reinos da Monarquía Hispánica que ata entón recaía unicamente sobre Castela. O novo exército permanente estaría formado por 140.000 soldados achegados por cada un dos reinos en función da súa poboación e riqueza. O proxecto suscitou unha forte oposición e fracasou pola rebelión de Cataluña e Portugal.
|
Antigo Réxime
|
período que se iniciou en Europa no sé**** XVI e que acadou a súa plenitude no sé**** XVIII. Caracterizouse por unha economía de base agraria, a permanencia das estruturas feudais, a sociedade estamental e a monarquía absoluta. Estes trazos foron desaparecendo como consecuencia dos cambios introducidos pola Revolución Francesa.
|
Paz de Utrecht
|
tratado asinado en 1713 entre as potencias europeas que puxo fin á Guerra de Sucesión española e que foi complementado co de Rastatt de 1714. Co obxectivo de manter o equilibrio europeo, nos tratados se recoñecía a Filipe V de Borbón como rei de España a cambio de concesións a Gran Bretaña (Xibraltar, Menorca e privilexios comerciais con América) e cesións territoriais a Austria (Flandres e Napoles)
|
Decretos de Nova Planta
|
conxunto de decretos promulgados por Filipe V, entre 1707 e 1716 que impoñían, nos territorios da Coroa de Aragón (Aragón, Valencia, Mallorca e Cataluña), a organización político-administrativa de Castela, eliminando os seus privilexios forais, debido á súa rebelión na Guerra de Sucesión e tomar partido por Carlos de Austria. Permitiron a implantación dun modelo de estado centralista e uniforme en España agás nas provincias vascas e Navarra
|
Catastro de Ensenada
|
minucioso interrogatorio ou enquisa para coñecer as características demográficas, económicas e xeográficas das poboacións da Coroa de Castela co obxectivo de establecer un sistema fiscal máis racional e substituír a multiplicidade de rendas por unha única contribución. Foi proposto polo marqués de Ensenada, ministro de Fernando VI, e foi elaborado entre 1750 e 1753.
|
Regalismo borbónico
|
política de control e limitación do poder da igrexa católica levada a cabo polos Borbóns en España no sé**** XVIII no marco da potenciación do absolutismo real. Entre outras medidas impuxeron o padroado rexio ou dereito do rei de presentar ou nomear candidatos para ocupar sedes eclesiásticas vacantes (recoñecido polo Concordato de 1753) e o placet ou dereito do rei de retención das bulas e provisións da Santa Sede.
|
Despotismo Ilustrado
|
sistema político da segunda metade do sé**** XVIII que defendía o incremento do poder absoluto do rei para que, axudado das luces da razón, impulsase as reformas necesarias para incrementar a riqueza do reino e a felicidade e benestar dos seus súbditos. O seu lema foi “todo para o pobo, pero sen o pobo” e o mellor representante en España foi Carlos III.
|
Motín de Esquilache
|
revolta popular acontecida en 1766 en Madrid provocada polo decreto de Esquilache, ministro de Carlos III, que prohibía o uso de capas longas e sombreiros de aba ancha. A súa orixe está no descontento social pola carestía do pan, a oposición dos privilexiados ás reformas do rei e a xenofobia ante a abundancia de ministros italianos.
|
Abdicación de Baiona
|
renuncias sucesivas, acontecidas na cidade francesa de Baiona en 1808, de Carlos IV e seu fillo Fernando VII ao trono de España en favor de Napoleón Bonaparte, quen pouco despois cedeu eses dereitos ao seu irmán, que reinou co nome de Xosé I Bonaparte.
|
Afrancesados
|
reducido grupo de españois que apoiou a Xosé I Bonaparte nas tarefas de goberno. Consideraban que o reformismo autoritario francés era o único medio para lograr a renovación e o cambio en España. Ao finalizar a Guerra de Independencia foron perseguidos e moitos exiliaronse a Francia.
|
Tratado de Valençay
|
acordo de paz asinado en 1813 nesa cidade francesa polo que Napoleón aceptaba a suspensión das hostilidades, o retorno de Fernando VII ao trono de España, a devolución dos territorios ocupados e a renuncia de Xosé I. Tanto as tropas francesas como británicas debían abandonar España finalizando así a Guerra de Independencia.
|
Manifesto dos Persas
|
documento que presentaron en 1814 deputados absolutistas a Fernando VII tras o seu retorno do exilio en Francia, solicitándolle a abolición dos decretos promulgados polas Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812, así como a restauración do Antigo Réxime. O monarca atendeu as peticións restablecendo o absolutismo.
|
Pragmática sanción de 1830
|
disposición promulgada por Fernando VII que anulaba a coñecida como Lei Sálica, aprobada por Felipe V, que impedía acceder ao trono ás mulleres. Esta medida supuxo a exclusión do irmán do rei, o infante Carlos de Borbón, do trono de España, e converteu a filla de Fernando VII, a futura Sabela II, en herdeira.
|
Pronunciamento
|
levantamento de parte do exército, contando co apoio dun determinado sector da sociedade, que “se pronuncia” a favor do cambio do sistema político vixente. Foron frecuentes os que defendían o liberalismo fronte ao absolutismo de Fernando VII e os que defendían o liberalismo progresista fronte ao conservador no reinado de Sabela II.
|
Estatuto Real
|
nome que recibe o Decreto de 1834 polo que a raíña rexente María Cristina de Borbón convocaba as Cortes do reino de España. Polo seu contido, considérase como unha “carta outorgada” xa que a Coroa renunciaba a manter en exclusiva o poder admitindo unha ampliación da participación política en beneficio das clases posuidoras, pero conservaba en exclusiva a soberanía e non recollía a separación de poderes ni dereitos dos cidadáns.
|
Unión Liberal
|
partido político fundado en 1858 polo xeneral O ́Donnell que agrupaba á esquerda moderada, á dereita progresista, e numerosos militares. Partidarios da monarquía constitucional de Sabela II gobernaron de 1858 a 1863 e de 1865 a 1866, destacando as campañas de prestixio militar que desenvolveron no exterior.
|
Cantonalismo
|
modelo de organización territorial que defende a creación dun Estado composto por unidades políticas territoriais soberanas –os cantóns- que mediante acordos libres (“de abaixo arriba”) se unen formado a federación española. En 1873, durante a Primeira República, os seus partidarios protagonizaron insurreccións cantonalistas, destacando a de Cartaxena, que foron sufocados polo exército
|
Manifesto de Sandhurst
|
documento elaborado por Cánovas del Castillo e asinado, en decembro de 1874, por Afonso de Borbón, fillo e herdeiro de Sabela II, na academia militar inglesa de Sandhurst, onde estudaba. Neste manifesto indicaba a necesidade de restaurar a monarquía borbónica en España, presentándose como un rei respectuoso co sistema liberal constitucional e defensor da orde social e a relixión católica.
|
Sufraxio censatario e universal
|
o sufraxio é o dereito político que permite elixir, mediante o voto, os cargos públicos electos. O censatario limita este dereito aos cidadáns incluídos no censo en función dun determinado nivel económico e social, mentres que o universal soamente establece a condición para votar da maioría de idade.
En España, o censatario foi defendido polos liberais e o universal polos demócratas. A Constitución republicana de 1931 estableceu o dereito de voto das mulleres. |