• Barajar
    Activar
    Desactivar
  • Alphabetizar
    Activar
    Desactivar
  • Frente Primero
    Activar
    Desactivar
  • Ambos lados
    Activar
    Desactivar
  • Leer
    Activar
    Desactivar
Leyendo...
Frente

Cómo estudiar sus tarjetas

Teclas de Derecha/Izquierda: Navegar entre tarjetas.tecla derechatecla izquierda

Teclas Arriba/Abajo: Colvea la carta entre frente y dorso.tecla abajotecla arriba

Tecla H: Muestra pista (3er lado).tecla h

Tecla N: Lea el texto en voz.tecla n

image

Boton play

image

Boton play

image

Progreso

1/28

Click para voltear

28 Cartas en este set

  • Frente
  • Atrás
Estatuto Real
nome que recibe o Decreto de 1834 polo que a raíña rexente María Cristina de Borbón convocaba as Cortes do reino de España. Polo seu contido, considérase como unha “carta outorgada” xa que a Coroa renunciaba a manter en exclusiva o poder admitindo unha ampliación da participación política en beneficio das clases posuidoras, pero conservaba en exclusiva a soberanía e non recollía a separación de poderes ni dereitos dos cidadáns.
Unión Liberal
partido político fundado en 1858 polo xeneral O ́Donnell que agrupaba á esquerda moderada, á dereita progresista, e numerosos militares. Partidarios da monarquía constitucional de Sabela II gobernaron de 1858 a 1863 e de 1865 a 1866, destacando as campañas de prestixio militar que desenvolveron no exterior.
Cantonalismo
modelo de organización territorial que defende a creación dun Estado composto por unidades políticas territoriais soberanas –os cantóns- que mediante acordos libres (“de abaixo arriba”) se unen formado a federación española. En 1873, durante a Primeira República, os seus partidarios protagonizaron insurreccións cantonalistas, destacando a de Cartaxena, que foron sufocados polo exército.
Manifesto de Sandhurst
documento elaborado por Cánovas del Castillo e asinado, en decembro de 1874, por Afonso de Borbón, fillo e herdeiro de Sabela II, na academia militar inglesa de Sandhurst, onde estudaba. Neste manifesto indicaba a necesidade de restaurar a monarquía borbónica en España, presentándose como un rei respectuoso co sistema liberal constitucional e defensor da orde social e a relixión católica.
Sufraxio censatario e universal
o sufraxio é o dereito político que permite elixir, mediante o voto, os cargos públicos electos. O censatario limita este dereito aos cidadáns incluídos no censo en función dun determinado nivel económico e social, mentres que o universal soamente establece a condición para votar da maioría de idade.
En España, o censatario foi defendido polos liberais e o universal polos demócratas. A Constitución republicana de 1931 estableceu o dereito de voto das mulleres.
Converso
Persoa que acepta unha crenza relixiosa ou ideoloxía diferente á que profesaba. Na España dos séculu XVI e XVII aplicábase especialmente aos musulmáns e xudeus que se convertían ao cristianismo, ben por convicción, ben por evitar persecucións. O aumento do número de conversos agravou o odio popular contra estes novos cristiáns, acusados de manter en segredo a súa fe (xudaizantes e mouriscos). Moitos deles foron vítimas do tribunal da Inquisición.
Mourisco
Musulmán obrigado a converterse ao cristianismo por orde dos monarcas en diferentes momentos: 1502 en Castela, 1518 en Aragón e 1526 en Valencia. A conversión forzosa significou a fin oficial da poboación musulmá en España, pero moitos deles continuaron mantendo a súa lingua, vestimentas e costumes, especialmente os que vivían no territorio do reconquistado reino de Granada; esta situación levou a que fosen expulsados de Granada en 1570 e de Aragón e Valencia en 1609.
Xuntas do Reino de Galicia
Institución creada no séculu XVI que actuaba como portavoz das sete provincias de Galicia e, desde 1528, como representación do Reino de Galicia. Estaban formadas polos delegados dos concellos das cidades capitais das provincias e actuaban como un organismo intermediario entre o Reino de Galicia e a Coroa de España. Non tiñan funcións de goberno pero podían conceder diñeiros ao monarca, ordenar levas militares, distribuír cargas fiscais ou enviar informes e peticións ao rei. As Xuntas eran convocadas polo monarca, normalmente cando necesitaba aumentar impostos ou facer levas de soldados, e estaban presididas polo Capitán Xeral de Galicia.
Terzos
Unidade militar de infantería, de ataque e defensa, formada por soldados profesionais, voluntarios o de recrutamento, creada e sostida por los Habsburgo españois durante os séculu XVI e XVII. Loitaban combinando as armas brancas (picas, espadas) e as de fogo (arcabuces, mosquetes). Estaban distribuídos polos distintos reinos e provincias da Monarquía Hispánica, destacando, polo seu número e fama, os Terzos de Flandres.
Grande armada
Gran flota formada por Filipe II en 1588 para desembarcar en Inglaterra e destronar á raíña protestante Sabela I. A Grande Armada partiu do porto de Lisboa, e tras recalar na Coruña, arribou ao Canal da Mancha onde debía encontrarse e embarcar aos Terzos de Flandres para despois invadir Inglaterra. Os ataques ingleses e os temporais obrigaron ás naves a dar a volta rodeando as illas Británicas. Nesa traxectoria moitos dos barcos naufragaron. Dos 130 navíos que partiron regresaron 66 e dos 25.000 homes unicamente uns 10.000 puideron salvarse. Tras a derrota, os ingleses descualificárona como a armada invencible.
Valido
Secretario real ao que o soberano outorgaba a súa confianza e a dirección do goberno do reino. En España, como noutros reinos europeos, a privanza xeneralizouse no séculu XVII, cando os monarcas abandonaron o exercicio directo do goberno. Entre os validos destacaron os duques de Lerma e de Uceda no reinado de Filipe III, o condeduque de Olivares e Luis de Haro no de Filipe IV e Fernando de Valenzuela e o conde de Oropesa no de Carlos II.
Sanjurjada
intento fracasado de golpe de Estado encabezado polo xeneral Sanjurjo o 10 de agosto de 1932 en Sevilla contra a Segunda República que contaba co apoio dalgúns militares, monárquicos e latifundistas andaluces. Controlado polo Goberno, os seus participantes foron detidos e condenados. Como reacción, republicanos e socialistas aproximaron as súas posicións, o que permitiu a aprobación do Estatuto de Autonomía de Cataluña e a Lei de Reforma Agraria que intentaban impedir os golpistas.
CEDA
siglas da Confederación Española de Dereitas Autónomas, unha coalición de partidos conservadores e católicos fundada en 1933 por Gil Robles. Definíase como contrarrevolucionaria e antimarxista, defensora da relixión, a familia e a propiedade, e esixía a revisión da Constitución de 1931 para adecuala aos principios cristiáns. Formou parte do Goberno da Segunda República, en coalición co Partido Radical, entre 1934 e 1935.
Bienio negrou
segundo período da Segunda República comprendido entre novembro 1933 e febreiro 1936. Foi cualificado así (e tamén como rectificador e contrarreformista) polas esquerdas debido ás medidas revisionistas e conservadoras tomadas polos gobernos de dereitas radical-cedistas, que paralizaron moitas das leis reformistas do primeiro bienio republicano e exerceron unha dura represión sobre os participantes na revolución de outubro de 1934.
Fronte Popular
coalición electoral creada en xaneiro de 1936 polos principais partidos obreiros e republicanos de esquerda. Tras vencer nas eleccións de febreiro de 1936, serviu de apoio á política reformista desenvolvida polos gobernos formados por republicanos de esquerda encabezados por Azaña e Casares Quiroga.
Lexión Cóndor
denominación da forza de intervención alemá, fundamentalmente aérea, coa que o III Reich de Hitler apoiou o bando sublevado franquista durante a Guerra Civil española. Foi clave e responsable de numerosos ataques a posicións republicanas e sobre a poboación civil, destacando os bombardeos de Madrid, Guernica e Barcelona.
Brigadas Internacionais
unidades militares de voluntarios estranxeiros que participaron na Guerra Civil española apoiando a Segunda República. Estaban formadas por brigadistas, procedentes de máis de 50 países de Europa e América, organizados a través dos partidos de esquerda socialistas e comunistas dos seus respectivos países. Foron retirados en outubro de 1938 pola presión internacional.
FET e das XONS
iglas de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista, a organización política creada por Franco en 1937 mediante o Decreto de Unificación que fusionaba o movemento tradicionalista carlista coas formacións fascistas de Falanxe Española e das XONS. Foi a única formación política autorizada durante o franquismo, sendo coñecida como Movemento Nacional.
Sección Feminina
organización fundada en 1934 como rama feminina de Falanxe Española. Foi dirixida por Pilar Primo de Rivera e durante o franquismo monopolizou a educación das mulleres coa finalidade de formar amas de casa, subordinadas aos varóns e destinadas a ter fillos e educalos segundo as normas establecidas polo réxime. Para o seu adoutrinamento creouse en 1937 o Servizo Social, que impoñía a prestación obrigatoria de traballos sociais para todas as mulleres durante seis meses.
Nacionalcatolicismo
ideoloxía que defende que a vida política, social e cultural debe estar sometida ás directrices da Igrexa católica. Foi unha das bases ideolóxicas do réxime franquista que contou co apoio e aprobación da Igrexa católica. A xerarquía eclesiástica xustificou e aceptou a autoridade de Franco como Caudillo de España pola graza de Deus, e a cambio impuxo o seu control sobre a moral, os costumes e a educación.
Sindicato vertical
nome co que era coñecida a Organización Sindical Española durante o franquismo. Foi creado tras a promulgación da Lei de Unidade Sindical de 1940 que ilegalizaba todos os sindicatos de clase existentes e integraba de forma forzosa a todos os traballadores e empresarios (relación vertical) nun mesmo e único sindicato baixo a supervisión do Ministerio de Traballo.
Plan de Estabilización
conxunto de medidas e reformas económicas aprobadas en 1959 propostas por ministros tecnócratas que tiñan como obxectivo abandonar o modelo autárquico intervencionista e liberalizar a economía española, conectando así co capitalismo occidental. Sentou as bases para iniciar o forte crecemento “desarrollista” da década dos anos 60.
Contubernio de Múnic
nome pexorativo co que o réxime franquista tratou de ridiculizar o Congreso do Movemento Europeo celebrado en Múnic en 1962. O máximo impulsor da reunión foi Salvador de Madariaga, moi ben relacionado cos dirixentes do movemento europeo, e a ela asistiron 118 opositores ao franquismo, tanto do interior de España como do exilio, unidos por un obxectivo común: instaurar en España un sistema político democrático.
Plataxunta
nome popular de Coordinación Democrática, organismo creado en marzo de 1976 por partidos e organizacións antifranquistas para restablecer a democracia en España. Naceu da fusión da Xunta Democrática, creada en 1974 polo PCE con Santiago Carrillo á fronte, e da Plataforma de Converxencia Democrática, establecida en 1975 e impulsada polo PSOE de Felipe González
Lei para a reforma política
lei aprobada polas Cortes franquistas e, tras a súa aceptación en referendo, foi promulgada en 1977 con rango de Lei Fundamental. Foi o instrumento legal que permitiu o paso da ditadura franquista a un sistema constitucional democrático dende a legalidade vixente (da lei á lei) mantendo a paz social. Establecía que a democracia era a expresión da soberanía popular, que as Cortes serían elixidas por sufraxio universal e regulaba a futura convocatoria das primeiras eleccións xerais desde febreiro de 1936.
UCD
siglas de Unión de Centro Democrático, a coalición de partidos fundada e liderada por Adolfo Suárez en 1977 e que aglutinaba ás forzas de centro-dereita. Tivo un papel destacado durante a Transición democrática, gañando as eleccións a Cortes constituíntes de 1977 e as xerais de 1979. Mantívose no Goberno ata 1982, primeiro con Adolfo Suárez e despois da súa dimisión con Leopoldo Calvo Sotelo. Disolveuse tras a derrota electoral de 1982.
Pactos da Moncloa
acordos aos que chegaron sindicatos, partidos e organizacións empresariais en outubro de 1977 na residencia oficial do presidente de Goberno, Adolfo Suárez. Os asinantes comprometíanse a traballar a favor da estabilidade do país mediante a consolidación da democracia, a redución da conflitividade social e a adopción de medidas para superar a crise económica que se viña arrastrando desde 1973.
Unión de armas
Proxecto político elaborado en 1625 polo valido de Filipe IV, o conde-duque de Olivares, no que propoñía o reparto da carga militar e fiscal entre todos os reinos da Monarquía Hispánica que ata entón recaía unicamente sobre Castela. O novo exército permanente estaría formado por 140.000 soldados achegados por cada un dos reinos en función da súa poboación e riqueza. O proxecto suscitou unha forte oposición e fracasou pola rebelión de Cataluña e Portugal.