• Barajar
    Activar
    Desactivar
  • Alphabetizar
    Activar
    Desactivar
  • Frente Primero
    Activar
    Desactivar
  • Ambos lados
    Activar
    Desactivar
  • Leer
    Activar
    Desactivar
Leyendo...
Frente

Cómo estudiar sus tarjetas

Teclas de Derecha/Izquierda: Navegar entre tarjetas.tecla derechatecla izquierda

Teclas Arriba/Abajo: Colvea la carta entre frente y dorso.tecla abajotecla arriba

Tecla H: Muestra pista (3er lado).tecla h

Tecla N: Lea el texto en voz.tecla n

image

Boton play

image

Boton play

image

Progreso

1/28

Click para voltear

28 Cartas en este set

  • Frente
  • Atrás
Que é a atmosfera?
A atmosfera é a capa de gases que envolve a Terra.
Cales son as funcións da atmosfera?
1. Protexernos dos raios perigosos do Sol
2. Regular a temperatura da Terra impedindo que faga moito frío ou calor.
Cales son as capas da atmosfera?
A atmosfera está composta por cinco capas:
- Exosfera (500km): onde orbitan as naves espaciais e os satélites artificiais.
- Termosfera (80km): onde se desintegran os meteoritos
- Mesosfera (50km): onde se obervan as estrelas fugaces despois de se desintegraren os meteoritos
- Estratosfera (10km): Contén gas ozono que nos protexe da radiación ultravioleta do Sol
- Troposfera (0km): contén o osíxeno, imprescindible para a vida.
Que é o tempo atmosférico?
É o conxunto de condicións que se dan na atmosfera nun momento e nun lugar determinados.
Que é a temperatura?
É a cantidade de calor que ten o aire dun lugar nun momento determinado
Que é a humidade?
É a cantidade de vapor de auga que hai nun lugar nun momento determinado. Cando o Sol quenta os ríos, os mares... a auga da súa superficie evapórase e pasa a formar da atmosfera en forma de vapor.
Que é o vento?
É o aire en movemento
Que son as precipitacións?
Son a cantidade de chuvia, neve ou sarabia que cae nun lugar determinado
Que é a nebulosidade?
É a cantidade de nubes que se forman nun lugar nun momento determinado. Orixínanse cando o vapor do aire se arrefría e se condensa e produce pequenas pingas de auga.
Que é a metereoloxía?
A metereoloxía é a ciencia que estuda as características da atmosfera e os fenómenos atmosféricos que se producen nela.
Con que instrumentos observan e analizan a metereoloxía os meteorólogos?
O termómetro que serve para medir a temperatura
O barómetro mide a presión atmosférica
O catavento que indica a dirección do vento
O anenómetro que indica a velocidade do vento
O pluviómetro que mide a cantidade de auga, neve ou sarabia que cae.
Que é o cambio climático?
É o cambio no clima na Terra provocado polo efecto invernadoiro pola acumulación excesiva de CO2.
Cales son as estacións?
Primavera, verán, outono e inverno
Características da primavera
Na primavera as temperaturas son cálidas e os días duran máis que as noites. Dura do 21 de marzo ao 21 de xuño
Características do verán
Presenta as temperaturas máis altas e os días máis longos de todo o ano. Dura do 21 de xuño ao 21 de setembro
Características do outono
As temperaturas baixan, aparecen ventos e choiva e os días fanse máis curtos. Dura do 23 de setembro ao 21 de decembro.
Características do inverno
Caracterízanse por ter as temperaturas frías e os días máis curtos do ano. Dura do 21 de decembro ao 21 de marzo.
Que son os mapas do tempo?
Os mapas do tempo representan o estado da atmosfera dunha zona determinada do planeta nun momento concreto. Elabóranse a partir dos datos obtidos dos satélites e das estacións meteorolóxicas.
Que é o clima?
O clima é o conxunto de condicións atmosféricas que se dan habitualmente nun lugar.
Cales son os factores principais que determinan o clima?
Latitude: é a distancia que hai entre calquera punto do planeta ao Ecuador.
Altitude: é a altura que hai entre o punto do planeta e nivel do mar.
Distancia do mar: é a distancia que separa un lugar do mar.
Que é un climograma?
É un gráfico que representa as temperatura media e as precipitacións dun lugar.
Que climas hai en España?
Continental, Oceánico, Mediterráneo, Alta montaña e Subtropical
Como é o clima oceánico?
Temperaturas suaves e abundantes precipitacións ao longo do ano. Dáse en zonas costeiras do Oceano Atlántico e do Mar Cantábrico
Como é o clima de alta montaña?
Temperaturas baixas no inverno e suaves no verán. Precipitacións abundantes durante todo o ano. Dáse nos Pireneos, a Cordilleira Cantábrica, o Sistema Bético e o Sistema Central.
Como é o clima mediterráneo?
Ten temperaturas suaves no inverno e moi altas no verán. Precipitacións escasas e moi irregulares que se concentran na primavera e no outono. Dáse na franxa costeira do Mar Mediterráneo, as Illas Baleares, a Depresión do Guadalquivir e en Ceuta e Melilla.
Como é o clima subtropical?
Temperaturas suaves todo o ano e precipitacións escasas. Dáse nas Illas Canarias.
Como é o clima continental?
Temperaturas extremas moi baixas no inverno e altas no verán. Precipitacións escasas. Dáse no interior da Península Ibérica, na Meseta e na Depresión do Ebro.
Indica os nomes dos paralelos e as zonas de clima