- Barajar
ActivarDesactivar
- Alphabetizar
ActivarDesactivar
- Frente Primero
ActivarDesactivar
- Ambos lados
ActivarDesactivar
- Leer
ActivarDesactivar
Leyendo...
Cómo estudiar sus tarjetas
Teclas de Derecha/Izquierda: Navegar entre tarjetas.tecla derechatecla izquierda
Teclas Arriba/Abajo: Colvea la carta entre frente y dorso.tecla abajotecla arriba
Tecla H: Muestra pista (3er lado).tecla h
Tecla N: Lea el texto en voz.tecla n
Boton play
Boton play
61 Cartas en este set
- Frente
- Atrás
Cales son as funcións vitais dos seres vivos?
|
Son tres: a nutrición, a relación e a reprodución.
|
Que é a función de nutrición?
|
A nutrición é a función destinada a obter os nutrientes necesarios para achegar a todas as células a enerxía e os materiais que lle permitan vivir e crecer.
Nesta función interveñen os aparellos: dixestivo, circulatorio, excretor e o respiratorio. |
Que é a función de relación?
|
É a función que permite a un organismo interactuar coa contorna e elaborar unha resposta.
Nesta función participan: O sistema nervioso, o aparello locomotor e o sistema endócrino ou hormonal. |
Que é a función de reprodución?
|
A función de reprodución é a función que permite xerar novos individuos da mesma especie que os proxenitores.
|
Cales son os tipos de reprodución que existen?
|
A reprodución pode ser asexual e sexual.
Na reprodución asexual só participa un proxenitor. Na reprodución sexual interveñen dous proxenitores de distinto sexo. |
Como é a reprodución do ser humano?
|
O ser humano reprodúcese de maneira sexual, interveñen dous proxenitores: un que achega as células sexuais masculinas, os espermatozoides, e outro, as células sexuais femininas, os óvulos.
Os aparellos que levan a cabo esta función son o aparello reproductor masculino e o feminino. |
Que son os estímulos e os receptores?
|
Os estímulos son as variacións no medio externo ou interno (cambio de temperatura, onda de luz ou de son…).
Os receptores son as células nerviosas especializadas en captar os estímulos. |
Cales son os principais tipos de receptores?r
|
- Os mecanorreceptores detectan os rozamentos, o contacto e o cambio de presión.
- Os fotorreceptores son sensibles á luz. - Os quimiorreceptores son sensibles a certas sustancias químicas. Os receptores situados no exterior do organismo agrúpanse e forman os órganos dos sentidos: gusto, olfacto, tacto, vista e oído |
¿Onde se localiza o sentido do gusto?
|
O sentido do gusto localízase na lingua. Encárgase de detectar as substancias que se inxiren e esta función lévana a cabo quimiorreceptores.
Ao longo da superficie da lingua localízanse as papilas gustativas que conteñen no seu interior os botóns gustativos. |
Que son os botóns gustativos?
|
Os botóns gustativos, están no interior das papilas gustativas e conteñen os quimiorreceptores que detectan certas substancias químicas presentes nos alimentos e nas bebidas
|
Como é o proceso de identificar o sabor?
|
Cando se inxire o alimento, os receptores situados nas papilas gustativas reaccionan ante certas substancias e envían a información ao cerebro, que a procesa e identifica o sabor.
|
Onde se localiza o sentido do olfacto?
|
O sentido do olfacto localízase no interior do nariz, nas fosas nasais. Na parte superior das fosas nasais atópase o bulbo olfactivo, unha estrutura que contén os quimiorreceptores que detectan o olor das substancias.
|
Cales son as partes que interveñen no sentido do olfacto?
|
— As fosas nasais, son dous orificios polos que entra o aire inspirado
— A pituitaria vermella, é a capa de tecido que recobre as fosas nasais e que quenta o aire. — A pituitaria amarela, é a capa de tecido que se atopa na parte superior das fosas nasais. Nela localízanse as células receptoras que detectan os cheiros. — O bulbo olfactivo, é unha parte do sistema nervioso que recolle os sinais das células olfactivas e as envía ao cerebro, que identifica o cheiro. |
Onde se atopa o sentido do tacto?
|
As células receptoras do tacto atópanse dispersas pola pel. Existen diversos tipos de receptores do tacto, cada un deles especializado en detectar unha clase de estimulo: presión, dor, frío, calor...
|
Cales son as características dos tipos de receptores do tacto?
|
* Receptores da dor. Son terminacións dalgúns nervios. Cando reciben un estímulo, envían unha mensaxe de dor ao cerebro.
* Receptores de presión. Existen distintos tipos que se activan con presións débiles ou presións fortes. Son mecanorreceptores. *Receptores de temperatura. Son receptores que detectan o cambio de temperatura. Son termorreceptores |
Onde está o sentido da vista?
|
O sentido da vista localízase nos ollos, dous órganos de forma esférica situados nas cavidades oculares do cranio. Mediante o sentido da vista, percíbense a forma e o tamaño dos obxectos, a súa cor e a distancia á que se atopan.
|
Que é a esclerótica?
|
É a capa máis externa do ollo e a súa función é protexelo.
|
Que é a retina?
|
É a capa interna do globo ocular. Nela están as células sensoriais fotorreceptoras que captan a luz.
|
Que é o nervio óptico?
|
É o nervio que transmite a información da imaxe proxectada na retina ata o centro de coordinación da visión.
|
Que é a córnea?
|
É a parte frontal, transparente e arqueada da esclerótica (capa mais externa do ollo)
|
Que é a pupila?
|
É a abertura central do iris. Segundo os movementos do iris, varía a súa abertura para regular a entrada de luz ao ollo.
|
Que é o iris?
|
É a parte coloreada do ollo, de cor variable. Está situada entre a córnea e o cristalino. Regula o paso da luz segundo se contraia ou se relaxe.
|
Que é a conxuntiva?
|
É a membrana mucosa que cobre a parte anterior do ollo e a cara posterior das pálpebras.
|
Que é o humor vítreo?
|
É o líquido que hai entre a retina e o cristalino. A súa función é darlle volume ao ollo, soster a retina e manter a súa transparencia.
|
Que é o cristalino?
|
É un órgano elástico que actúa como unha lente. Permite enfocar os raios de luz.
|
Cales son os órganos que protexen ó ollo?
|
As cellas evitan que pingas de suor que caian no ollo; as pálpebras e as pestanas protexen o ollo da entrada de corpos estraños. As lágrimas producidas polo lacrimal limpan o ollo e mantéñeno húmido.
|
Como é o proceso da visión?
|
O proceso da visión prodúcese cando un feixe luminoso atravesa a córnea, o iris, o cristalino, e o humor vítreo ata impactar sobre a retina. O feixe luminoso estimula ás células sensitivas da retina, os conos e os bastóns, que a súa vez envían un sinal nervioso a través do nervio óptico ata o cerebro, órgano que procesa a información e proporciona a sensación de visión.
|
Cales son os problemas oculares mais habituais?
|
Visión borrosa (astigmatismo), a dificultade para enfocar obxetos afastados (miopía) e a dificultade para enfocar obxetos próximos (hipermetropía)
|
Onde se localiza o sentido do oído?
|
O do oído localízase no oído e permite captar os sons. Ademais, tamén detecta a posición da cabeza.
O oído contén células sensoriais sensibles ás vibracións, coñecidas como mecanorreceptores. |
Cales son as partes principais do oído?
|
- Oído externo, está composto polo pavillón auricular e o conducto audiitivo
- Oído medio: composto polo tímpano e os ósos martelo, bigornia e estribo. - Oído interno: composto polo caracol ou cóclea, as estruturas relacionadas co equilibrio e o nervio auditivo. |
Cales son as funcións e características das estruturas do oído?
|
1. Pavillón auricular: É a orella. A súa función é orientar as ondas sonoras cara ao interior do oído.
2. Conduto auditivo: É o conduto que comunica o exterior do oído co tímpano. 3. Tímpano: É a membrana que pecha o conduto auditivo e que vibra cando as ondas sonoras chocan contra ela. 4. Martelo, bigornia e estribo: É unha cadea de tres ósos moi pequenos que conectan o tímpano co caracol ou cóclea. 5. Caracol ou cóclea: É un conduto en forma de caracol repleto de líquido que contén as células receptoras sensibles ás ondas sonoras. 6.Nervio auditivo: É o nervio polo que circula o estímulo nervioso enviado polo caracol ata o cerebro 7. Estruturas relacionadas co equilibrio: É un conxunto de canles repletas de líquido, que contén células receptoras que detectan os cambios de movemento da cabeza. |
Que tipo de estímulos percibe o oído?
|
1- Estímulos relacionados coa audición: O son entra a través do conduto auditivo e impacta sobre o tímpano, que transmite a vibración a través da cadea de ósiños ata o caracol. A súa vez, o caracol, como está cheo de líquido, tamén vibra e estas ondas sonoras alcanzan as células receptoras que hai no seu interior, o que xera un impulso nervioso que viaxa a través do nervio auditivo atan chegar ao cerebro, onde se xera a sensación de oír.
2- Estímulos relacionados co equilibrio: O movemento da cabeza fai mover o líquido situado nos tres condutos situados o carón do caracol, de modo que as células receptoras localizadas no seu interior detectan este movemento e transmiten a información ao cerebro, que a utiliza para manter o equilibrio do corpo. |
Que é o sistema nervioso?
|
O sistema nervioso é o encargado de procesar a información recibida polos órganos receptores e ordear unha resposta enviando un estímulo ata o aparello locomotor ou o sistema endocrino.
As células principais características do sistema nervioso son as neuronas. |
Que son as neuronas?
|
As neuronas son células do sistema nervioso encargadas de transmitir o impulso nervioso dunhas a outras ata que chega ao seu destino. O impulso nervioso é eléctrico, transmítese dunha neurona a outra mediante un proceso chamado sinapse.
|
Cales son as partes dunha neurona?
|
— Corpo celular ou soma é a parte onde se localiza o núcleo da neurona. Del saen as dendritas e o axón.
— As dendritas son unhas estruturas alongadas e curtas que saen do soma. Hai varias dendritas nunha soa neurona. Encárganse de recibir o impulso nervioso dos axóns doutras neuronas. — O axón é un filamento longo que transmite o impulso nervioso ata as dendritas doutra neurona. Cada neurona ten un axón, pero atópase no seu extremo, de maneira que pode contactar con varias dendritas. Nalgunhas neuronas, para aumentar a velocidade na que transmite o impulso nervioso, o axón está cuberto dunha substancia denominada mielina. |
Quen foi Santiago Ramón y Cajal?
|
Foi un médico e científico español que gañou o Premio Nobel de Medicina por descubrir os mecanismos das conexións das neuronas.
Ramón y Cajal describiu como se conectaban as neuronas entre elas e como transmitían os sinais nun proceso denominado sinapse. Tamén foi o primeiro en separar as neuronas entre elas para poder estudalas e ver que o tecido nervioso está formado por moitas neuronas en contacto. |
Como se comunican as neuronas?
|
A comunicación entre as neuronas realízase mediante impulsos nerviosos. Son correntes eléctricas moi pequenas que se transmiten dunha neurona á seguinte nun proceso denominado sinapse.
|
Como se leva a cabo o impulso nervioso?
|
O impulso nervioso circula polo áxon, e ao chegar ás dendritas do seu extremo, libéranse unhas substancias químicas que, na seguinte neurona, inician outro impulso nervioso.
Nas sinapses, as neuronas non se chegan a tocar |
Como é a organización do sistema nervioso?
|
O sistema nervioso divídese en dúas partes segundo a función que realiza:
— O sistema nervioso central, que é o encargado de procesar a información que recibe dos receptores, incluídos os órganos dos sentidos. — O sistema nervioso periférico, que transmite a información a través dos nervios. |
De que órganos está composto o sistema nervioso central?
|
O sistema nervioso central está composto polo encéfalo e a medula espiñal que son os órganos que procesan a información.
|
Que é o encéfalo?
|
O encéfalo é o órgano principal do sistema nervioso. Atópase protexido polo cranio e unhas membranas chamadas meninxes.
|
Cales son as partes do encéfalo?
|
O encéfalo esta formado por:
— O cerebro esta dividido en dous hemisferios, o dereito e o esquerdo. A capa externa chámase córtex. O cerebro recibe a información dos sentidos e elabora ordes. Tamén almacena a información, o que permite ter memoria. — O cerebelo é máis pequeno que o cerebro e localízase debaixo deste. É o encargado de coordinar os movementos do corpo. — O tronco encefálico comunica o encéfalo coa medula espiñal. Controla as funcións básicas do corpo: a respiración, o aparello dixestivo, os vasos sanguíneos e o corazón. |
Que é a medula espiñal?
|
É un cordón nervioso que circula polo interior da columna vertebral. A medula espiñal comunica o encéfalo co resto dos órganos do corpo; polo seu interior, circulan os impulsos nerviosos en ambas direccións. Tamén é capaz de ordenar certos movementos, como os actos reflexos, que non necesitan ser procesados polo cerebro.
|
De que está formado o sistema nervioso periférico?
|
O sistema nervioso periférico está formado polos nervios, compostos pola unión dos axóns das neuronas. Os nervios son de dous tipos:
— Os nervios sensitivos, que transmiten a información desde os órganos dos sentidos ata o sistema nervioso central — Os nervios motores, que transmiten a información desde o sistema nervioso central ata os órganos que executan a resposta. |
Que é o aparello locomotor?
|
O aparello locomotor é o conxunto de órganos e estruturas do corpo destinadas a realizar movementos. Está formado polo sistema óseo, que agrupa todos os ósos do organismo, e polo sistema muscular, que agrupa todos os músculos.
|
Como é proceso do movemento do corpo?
|
1. O sistema nervioso envía a orde a través dun nervio cara a un músculo.
2. O músculo recibe o impulso nervioso. 3. O impulso provoca a contracción do músculo. 4. A contracción do músculo fai que o óso se mova. |
Que tipos de movementos se realizan polo aparello locomotor?
|
Os movementos que realiza o aparello locomotor poden ser voluntarios, que son os que están coordinados polo cerebro. Ou involuntarios, se os ordena outra parte do sistema nervioso, como son os actos reflexos coordinados pola medula espiñal.
|
De que está formado o sistema óseo?
|
O sistema óseo está formado polo conxunto dos 206 ósos do corpo humano, as articulacións, os ligamentos e as cartilaxes
|
Que funcións realiza o sistema óseo?
|
O sistema óseo realiza varias funcións:
- Protexe os órganos máis delicados do corpo. Por exemplo o cranio protexe o encéfalo. - Sostén o corpo - Participa no movemento - No seu interior almacénase calcio - Nalgúns ósos fabrícanse células sanguíneas |
De que están formados os ósos?
|
Os ósos están formados por un tecido recuberto de sales de calcio e fósforo que lles proporciona dureza e resistencia.
Poden ser longos como nas pernas, curtos como nas mans e planos como os que forman o cranio. |
Que son as articulacións?
|
As articulacións son os puntos de unión entre ósos.
|
Que tipo de articulacións hai segundo a capacidade para moverse?
|
Poden ser:
- Articulacións móbiles, que poden moverse de varias formas distintas como as dos cóvados ou nocellos - Articulacións semimóbiles, que teñen un movemento limitado, como as vértebras - As articulacións fixas, nas que os ósos que están en contacto non poden moverse entre sí, como os ósos do cranio |
Que son os ligamentos?
|
Os ligamentos son unhas estruturas constituídas por fibras moi resistentes en forma de banda que unen os ósos nas articulacións.
|
Que son as cartilaxes?
|
As cartilaxes son unhas estruturas brandas e elásticas que protexen os extremos dos ósos nas articulacións.
No xeonllo os ligamentos manteñen unidos o fémur a tibia e a rótula. O menisco é un tipo de cartilaxe que protexe os ósos do rozamento |
Que é o sistema muscular?
|
O sistema muscular é a parte do aparello locomotor que proporciona o movemento: os músculos reciben un sinal nervioso e contráense, de xeito que reducen a súa lonxitude, e como están unidos ós ósos, estes móvense.
|
De que está formado o sistema muscular?
|
O sistema muscular está formado:
- Músculos, son conxuntos de fibras musculares, unhas estruturas que poden contraerse ao recibir o impulso nervioso. A forma é variada: longos, circulares, planos... - Tendóns, son estruturas fibrosas e fortes, como se fosen cordóns, que manteñen o músculo unido a un óso. |
Todos os músculos participan no movemento dos ósos?
|
Non todos os músculos do organismo participan no movemento dos ósos, por exemplo os músculos do corazón bombean o sangue a través das veas e as arterias.
Hai máis de 600 músculos esqueléticos, que participan no movemento dos ósos. |
Que é o sistema endócrino?
|
O sistema endócrino está formado por uns tecidos capaces de segregar hormonas, unhas substancias que se liberan no sangue e que regulan o funcionamento do organismo. As hormonas son segregadas polas glándulas endócrinas.
|
Cales son as principais glándulas endócrinas?
|
- O hipotálamo é unha parte interna do cerebro que libera hormonas que, a súa vez, controlan outras glándulas endócrinas. Tamén produce a hormona do crecemento.
- A tiroide está situada no pescozo e libera a hormona que controla o metabolismo. - O páncreas produce a insulina, unha hormona que regula a cantidade de glicosa no sangue. - As glándulas suprarrenais, situadas enriba dos riles, producen adrenalina, que aumenta o ritmo do corazón e a respiración. - Os testí***** segregan a testosterona, a hormona sexual masculina. - Os ovarios segregan estróxenos e proxesterona, as hormonas sexuais femininas. |
Quen é mais lenta a resposta hormonal ou a nerviosa?
|
A resposta hormonal é máis lenta que a nerviosa porque a hormona viaxa polo sangue, pero é moito mais duradeira.
|
Que é a diabetes?
|
A diabetes é unha enfermidade que fai a cantidade de glicosa que hai no sangue nos sexa a adecuada. Esta enfermidade está relacionada coa insulina, a hormona producida polo páncreas, que avisa ás células que necesitan glicosa, cando o páncreas non produce a cantidade adecuada de insulina, prodúcese a diabetes. Algunhas persoas que padecen diabetes deben administrarse inxeccións de insulina varias veces ao día para regular a concentración de glicosa no sangue.
|